20 de mayo de 2018
20.05.2018

Teatro, danzas folclóricas e música coral en Domaio e Bueu

20.05.2018 | 03:17

| A comarca deu por finalizadas as súas actividades da semana do Día das Letras Galegas onte, con actos en Domaio e en Bueu. No centro social Rosalía de Castro de Domaio celebrouse unha festa cultural que comezou cun concerto de Xavier Blanco e Salvador Meira. As Pandereteiras da Agrupación Cultural Charaviscas tomaron o relevo. Tamén deste colectivo folclórico, que organizou o evento, actuaron o seu grupo infantil, que amosou o mellor das danzas propias, así como o seu grupo de teatro, que puxo en escea unha peza traballada coa actriz María Salgueiro. No Centro Social do Mar celebrouse un festival de música vocal coa Coral Polifónica de Mera, o Coro Escarcha de Valdepolo (León), a Coral Encantiño de Barra de Miño, o Coro Mixto San Pedro de Cudillero (Asturias) e a Coral Polifónica Marusía de Bueu.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
FaroEduca