19 de mayo de 2018
19.05.2018

Marusía organiza hoxe o seu concerto das Letras Galegas con cinco agrupacións corais

Será no Centro Social do Mar, ás 20.00 horas

19.05.2018 | 03:16

A Coral Polifónica Marusía de Bueu organiza hoxe o seu tradicional concerto con motivo das Letras Galegas. A actuación será a partir das 20.00 horas no Centro Social do Mar, con entrada aberta.

O cartel inclué a presenza das seguintes agrupacións: Coral Polifónica de Mera, dirixida por Santiago Lago, e que interpretará "Branca gaivota", "Un beso y una flor", "Si tú no estás aquí" y "O voso galo"; Coro Escarcha de Valdepolo (León), dirixido por Guillermo Alonso, que cantará "Velaí vai", "Lela", "Ao pasar por Camariñas" e "Negro bembón"; Coral Encantiño Barra de Miño, que dirixida por Roberto Iglesias interpretará "Agur jaunak" [tema tradicional vasco], "Un beso y una flor", "Ruada de Chamosa" y "Virxe do Portovello"; e o Coro Mixto San Pedro de Cudillero (Asturias), que baixo a dirección de Pablo Moras cantará "Rosina", "Dicen que se muere el mar", "Melodías antillanas" y "Airiños aires".

A Coral Polifónica Marusía, dirixida por Antonio Davila, pechará o festival con "A dorniña", "Á beira do lume" e "Terra meiga".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
FaroEduca