A Festa da Cultura Galega é o marco que acollerá hoxe a entrega dos Premios Xohán de Cangas a creación artística e literaria e o Labor Cultural e o Premio Ignacio Cerviño á protección do patrimonio. O acto comenzará as 20.00 horas. O músico Luis Carballo recibe hoxe o premio Xohán Carballeira a labor cultural, Luis Rial ácreación artística e Anselmo López carreira á Protección do Patrimonio. Será tamén a ocasión para rendir homenaxe ao gaiteiro recientemente falecido, Anxo Gago "Lito" .

O actor Lois Soaxe exerce este ano de maestro de cerimonias. Está previsto que actúen nesta "festa" o grupo de gaitas do Hío, a bailarina Natalia Iglesias, o grupo de gaitas "Trébede" e a coral Lestonnac de Cangas.

O alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos (ACE), o concelleiro de Cultura, Héitor Mera, e outros membros do goberno encargaranse de entregar os premios desta edición.

A pancarta

As Letras celébranse en Cangas coa polémica pola pancarta conmemorativa no balcón do Concello. O concelleiro de Cultura, Héitor Mera, (BNG) rechaza as acusacións de sectarismo realizadas dende un sector da cultura canguesa polos nomes de autores nacidos o residentes en Cangas ue aparecen nela. Na pancarta aparecen Bernardino Graña, Vázquez Pintor, Loliña Casal, Beatriz da Costa e Serafín Parcero. Segundo un determinado sector da cultura canguesa, a ideoloxía política tivo moito que ver en que estes autores apareceran na pancarta.

Héitor Mera nega todo. Asegura que non ten que tranquilizar a ninguén e que non pretende dar recorrido a estas críticas, que considera inoportunas e sen sentido. O concelleiro da Cultura afirma que se alguén enfadouse non ten máis que acudir ós xoves pola tarde na Casa da Xuventude, que é cando recibe no seu despacho oficial. Añade que este ano puxeron estes nomes, pero para outros años se poñeránotros. Mera afirma que ninguén máis que él é consciente de que quedaron moitos autores de Cangas fora da pancarta.

Mantiene que aquellos que critican a selección porque hai ausencia de autores relacionados co teatro ou co ensaio no conocen ben a obra dos homenaxeados. O edil nacionalista califica as críticas de mal gusto ao vincular a elección de nomes a unha organización política como o BNG. Héitor Mera asegura que non coñece a militancia, nin as simpatías políticas nin o voto dos seleccionados para aparecer na pancarta. Insiste en que o importante é a Festa da Cultura Galega que se celebra hoxe no Auditorio Municipal de Cangas e a enorme cantidade de actos relacionados co Día das Letras Galegas que se organizaron dende a concellería que dirixe.