A concellería de Cultura de Moaña organiza hoxe un concerto das dúas escolas de música da vila: A Municipal e a Tradicional. Os alumnos tocarán conxuntamente nun concerto especial con motivo do Día das Letras Galegas. A actuación será esta tarde ás 19.30 horas na carballeira de San Martiño.

Ademais, este mediodía o Concello fará entrega de libros da autora homenaxeada este ano -María Victoria Moreno- aos colexios.