Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Fins e obxectivos

"Morrasound Rock Festival": Adrián Ríos, Antía Costas, e Sergio Alfonso // Emma Ovín

FINS -por qué?

Cando se decidiu fundar a asociación, se fixo ante a necesidade de poder obtar ás posibilidades que ofrece constituirse coma un colectivo ante a lei actual.

Ademáis, a necesidade de pertenza e compromiso contribuiu a que, dunha paixón, xurdira algo que pouco a pouco foi adquirindo máis magnitude. Organización de eventos, presentacións de galas, creación e representación de obras propias, etc.

A asociación constituiuse coma unha plataforma de lanzamento para actores e actrices non tan noveis, que foron adquirindo có paso dos anos, uns coñecementos prácticos que se convertiron en toda unha experiencia de educación non formal.

A posibilidade de fomentar o acto creativo có uso dos locais socioculturais que ofrece o pobo, contar coas colaboracións de diferentes entes que conforman o marco creativo e cultural de Moaña, fixeron que da asociación, xurdira un grupo de teatro, a compañía Moito Morro Teatro.

Ademáis da arte dramática, tamén se deu cabida á dirección de escena, ao deseño de vestiario, á dinamización social de espazos, e a toda unha serie de accións que contribuiron a facer realidade moitos soños convertidos en iniciativa, ganas, e dedicación.

Por qué Moito Morro? Porque á vida hai que afrontala así, coa cara diante, sen andar encollidos de hombros, hai que botarlle ganas.

Porque o asociacionismo, como fenómeno de gran tradición histórica na Comarca do Morrazo, ofrece a posibilidade de facerse profesional. Porque do apoio aos actos culturais, xurde todo un imaxinario de maneiras de mostrar o agradecemento. Facendo máis cultura, fomentando a crítica, e concienciando ás persoas de que a risa, e o bó humor, tamén pode ser unha boa ferramenta para chegar ao público.

OBXECTIVOS -para qué?

Son obxetivos de Moito Morro Teatro promover o acto creativo, individual e/ou colectivo, de calquer disciplina artística facendo fincapé no ámbito teatral e escénico. Incentivar o desenvolvemento do potencial de cada individuo.

Tamén despertar o interés polo teatro a través do seu estudo, promoción e difusión. Promover e apoiar actividades socioculturais e artísticas e dar cabida ás iniciativas tanto individuais como colectivas que dentro do ámbito das Artes Escénicas promovan a cultura en tódolos seus ámbitos.

Quixeramos aproveitar a ocasión para dar as grazas a tódolos profesionais, colectivos, concellos, e persoas que percorreron con nós este camiño, destacando as nosas familias.

E en especial a: Pedro P. Riobó, ó profesorado da Escola ESAD, a Diana Sequeiros, polo seu marabilloso traballo na producción; a tío Fran, sempre iluminándonos có seu sorriso, a Carla Carracelas, Cordero de Dios, Andrés Hermelo, e IncongoArt, polo seu traballo detrás do obxetivo. A Agustín Guimeráns, Tino, un fan incondicional, a Noelia Castro, Alba Bermúdez, Lucía Estevez, e Alex Piñeiro no deseño gráfico, ós compañeiros de 8mm teatro por eses shows conxuntos tan caralludos! e se nos esquecemos de alguén, perdoáde-nos! Temos moito morro.

Compartir el artículo

stats