Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

María Salgueiro: "Os actores vivimos do entroido; de disfrazarnos e facer doutras persoas"

Será a primeira muller que pronuncie o pregón do entroido de Moaña, previsto para o sábado

María Salgueiro, onte, dende o litoral de Moaña coa ría ao fondo. // Gonzalo Núñez

A recoñecida actriz moañesa María Salgueiro pronunciará este sábado, ás 17.00 horas na carpa da alameda, o pregón inaugural do entroido de Moaña. Será a primeira muller en asumir esta tarefa dende a recuperación do entroido moañés nos anos 80 do pasado século.

-Que ten Moaña para ser un viveiro de actores e actrices?

-Non só Moaña, senón a península do Morrazo penso que é un lugar de moito artista, tanto actores coma músicos. Por exemplo, é curioso que haxa moitísimos músicos de jazz na nosa zona. Non sei a que se debe.

-Vostede, como tantos outros actores, pasou polo grupo Aurín, creado polo profesor do IES María Soliño Pedro P. Riobó.

-Si. A verdade é que Pedro P. Riobó foi moi importante para moitos actores. Eu son actriz grazas a el. Non sei se por sorte ou por desgraza (risos) porque é marabilloso cando a cousa vai ben, pero cando non hai traballo é moi difícil. Pero a miña vocación a descubrín con el e si que comezamos moitos con el, que nos inculcou moito amor polo teatro. O outro día fixemos unha cea moi emotiva polos 35 anos do grupo Aurín.

-Participou en series de moito éxito, pero non pensa que con Vis a vis tomou un novo pulo de cara ao recoñecemento público?

-Nunca se sabe. Fixen Vis a vis, unha cousa pequena en Cuéntame e non volvín a traballar no audiovisual. Estou facendo teatro, pero o audiovisual estame a custar.

-A calidade das series estranxeiras afecta ao sector en España?

-Aquí hai series de moita calidade. Pero creo que habería que arriscar e facer historias propias. Creo que hai talento suficiente, pero falta capacidade de risco. Só nos atrevemos con certos temas cando antes o fixeron fóra. Temos que romper tabús como fixeron outros países. A vida é moi complexa e iso debe reflexarse nas series.

-Como se sentiu cando a chamaron para ser pregoeira?

-Moi honrada. Para min é unha honra calquera cousa que signifique representar a Moaña. Me emociona moito porque eu quero ao meu pobo. Non participo moito no entroido. Creo que é común nos actores. Realmente o actor vive do entroido toda a vida. Disfrazándose, facendo de outro e facendo o tolo. Por iso non temos esa necesidade de entroido. De nena e adolescente si que participaba máis.

-Como é posible que sexa a primeira muller pregoeira?

-É unha pasada. Unha mostra máis de que as mulleres están silenciadas en todos os eidos. Forma parte desta cultura tan machista. É unha dobre honra ser a primeira. Agradécese a sensibilidade do equipo de goberno con este problema.

Compartir el artículo

stats