Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Só dous de cada 10 papeis de protagonista son para mulleres

-Hai tanto machismo no cine e na televisión como semella ao ver as protestas da gala dos Goya?

-Para actrices da miña idade as opcións se reducen moito. Escríbense moi poucas personaxes interesantes para mulleres maduras. Hai motísima discriminación. Na franxa entre os 20 e os 30 anos tamén hai discriminación, pero é onde máis traballan, pero de cada 10 papeis protagonistas, só dous son para mulleres.

-A que se debe? a que a maioría de guionistas son homes?

-A que hai moito machismo instaurado, incluso inconsciente. É moi endogámica a industria. Moito guionista home. Un home protagonista pode ter 50 anos e ao lado lle poñen a súa filla de parella e ninguén cuestiona que a rapaza estea namoradísima del. A cousa está comezando a cambiar. Estamos espertando un pouquiño pero temos que loitar moito. Hai que lexislar, coma todo a solución é de políticas de paridade. Non somos unha minoría, senón a metade da poboación e pagamos os nosos impostos.

-Agora está cun proxecto teatral?

-Si. Estou facendo unha obra de teatro coa compañía de Vigo "Aporía Escénica". Fai teatro contemporáneo dirixido por Diana Mera. É unha obra de cinco mulleres que se chama 6 cubos negros en corpo branco. En maio estaremos en Santiago.

Compartir el artículo

stats