Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Crónicas do Teatro no Morrazo

O teatro escolar (XXIV): Educación Primaria (II)

Este capítulo céntrase na actividade desenvolvida nos colexios CEIP de Darbo, en Cangas; e CEIP A Pedra, en Bueu

"Greasse", primeiro dos tres musicais que representou o CEIP de Darbo dende o curso 2014/15. // Arquivo do autor

CEIP Plurilingüe de Darbo. En 1985 decidimos saíO teatro escolar está presente cada curso escolar no CEIP de Darbo. Actualmente, é unha tarefa que se desenvolve a nivel de aula, de centro e como actividade extraescolar.

No ámbito de aula, e formando parte do currículo de Educación Primaria, utilizamos o xénero teatral para traballar tanto a oralidade e a expresión, como o coñecemento da nosa lingua, ben a través de publicacións ou de creacións propias do alumnado. As obras traballadas son representadas na biblioteca do centro e destinadas ao alumnado de diversos niveis. Dáse especial importancia ao traballo creativo do propio alumnado, sendo este partícipe na posta en escena ou do deseño do vestiario e do escenario. As veces, desenvólvense para conmemorar algún día significativo, como pode ser a Semana das Bibliotecas en outubro, no festival de inverno ou as Letras Galegas en maio.

Por outra banda, dende o curso 2014/2015, levamos representando tres obras musicais combinando expresión dramática e danza. Esta actividade xorde da colaboración entre equipos docentes: equipo de Plurilingüismo, equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, equipo de Dinamización da Lingua Galega e o departamento de Educación Física; e, utiliza como canle de comunicación, as linguas galega e inglesa. É unha actividade de centro. Todas elas representáronse no auditorio municipal, alá polos meses de abril ou maio; non só para todo o alumnado do CEIP San Roque de Darbo, senón tamén para familias e para outros centros escolares do concello. O primeiro musical posto en escena foi "Greasse" no curso escolar 2014/2015; seguido da adaptación do "Rei León" no 2015/2016, e para rematar este pasado curso 2016/2017, cunha obra titulada "Voando vou, voando veño" con guión orixinal (da mestra de educación física) baseado no centro de interese para ese curso, con referencia á historia e modos de vida de distintos países do mundo: Marrocos, Exipto, España?e cuxo obxectivo fundamental era a integración cultural. Todo o vestiario e decorados está elaborado polo alumnado,profesorado e familias.

Por último, tamén temos o teatro presente cada curso na actividade extraescolar de teatro e que leva anos tendo grande éxito. Cada ano, na celebración da Semana Cultural que se celebra no CEIP a finais do mes de maio ou primeiros de xuño, contamos coa actuación do alumnado de teatro representando dúas obras. A esta actividade acode alumnado de diversas idades, desde Educación Infantil a sexto de Educación Primaria, polo que as obras representadas se estruturan en dous niveis.

Algunhas das obras representadas foron: "Unha de medo" de JoseCalvar; "Quen puidera namorala"de Chus Pereiro ou "Breixo louro: Detectiveprivado" , tamén de JoseCalvar.

CEIP a Pedra de Bueu. Tamén neste Centro de Primaria se lle presta atención ao teatro tanto na educación infantil como en primaria sendo peza importante deste interese o equipo de normalización lingüística. Algunhas das obras representadas foron: Unha adaptación para teatro do conto "A galiña azul" de Carlos Casares realizada por Carme Álvarez Gómez que foi interpretada por alumnado de 3º de primaria en xuño de 2017. Esta obra foi representada no colexio e tamén no Centro de Día Pescadoira. Outras pezas que se montaron ao longo destes anos foron: "A nubriña pascual" 2º de primaria; " A mellor sopa do mundo" 6º educación infantil; "Espantallo amigo" por 3º de primaria; "O ladrón de palabras"2º de primaria ou "Círculos Concéntricos" baseado nun cadro de Kandinsky.

Desde hai uns anos tamén ten eco nas súas aulas a celebración do Día Internacional doTeatro o 27 de marzo.

Mención especial merece a iniciativa levada adiante por este centro xunto coa colaboración do Equipo de Normalización Lingüística Comarcal- hoxe segundo as miñas informacións cunha menor actividade- dunha Exposición Itinerante de Libros sobre Teatro que percorreu dez centros de primaria e tres de secundaria no Morrazo. A exposición incluía textos teatrais para a infancia, libros didácticos sobre artes escénicas, expresión corporal , dramatización, títeres, etc cedidos polo Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas onde poden ser consultados na actualidade. Por último subliñar tamén que hai neste colexio un blog adicado ao teatro na escola que pode ser mellorado coa colaboración de tod@s, incluíndo reseñas de obras infantís indicando as posibilidades de montaxe por idades e número de pesonaxes, arquivando textos creados ,traducidos ou adaptados e xa representados nos colexios, ou informando da programación infantil de compañías profesionais de interese? Un labor que sería moi beneficioso para todo o profesorado da comarca.

(Máis info:http://quesubaotelon.blogspot.com.es)

Agradecementos pola información ás profesoras: Dina Monroy, Elisa Nogueira,Belén Escariz,Ramona Tenreiro e Ánxeles Germade.

Compartir el artículo

stats