14 de agosto de 2017
14.08.2017

Chegada e adeus triunfal do porco ao espeto en Chans

As racións esgotáronse, pero a falta de colaboración pon en risco á romaría

14.08.2017 | 02:22

A Comunidade de Montes de Cela e Asociación de Cabaleiros Ponte ás Catro Patas organizaron onte a sexta romaría de Chans, que este ano estreaba porco ao espeto. A pesar do gran éxito a organización plantéxase arriar debido a falta de colaboración.

A comer sobra xente, pero para traballar e colaborar xa é outro cantar. A Comunidade de Montes Santa María de Cela e Asociación Cabalar Ponte ás Catro Patas organizaron onte a que xa é a sexta edición da romaría de Chans, nesta privilexiada área recreativa situada no alto dos montes de Cela. A festa estreaba este ano un atractivo novo, que era o asado de porco ao espeto. O resultado final foi un auténtico éxito e, como se soe dicir nestes casos, non quedaron nin os ósos. Aínda así, esta puido ser ao mesmo tempo a chegada e a despedida do porco ao espeto a esta romaría. Os organizadores están a plantexarse deixar de facer a festa debido a falta de implicación e colaboración. "Se non ven outra xente para facela igual esta foi a última edición", recoñecían con tristeza dende a directiva dos comuneiros da parroquia de Cela.

A romaría celébrase coincidindo coa recente festividade de San Lourenzo e este ano comuneiros e Ponte ás Catro Patas quixeron darlle un pulo, cunha celebración cun contido más gastronómico. Asaronse ao espeto tres porcos, que deron para servir preto de 900 racións. Neste sentido foi un auténtico éxito posto que non quedou nada. Houbo incluso xente que acudiu ata Chans a buscar ás súas racións, polo módico prezo de 5 euros, e logo foise con elas para casa.

As ración comezaron a servirse a partir do mediodía, xusto cando empezaba a actuación da charanga Moita Marcha para animar o ambiente. As actividades de animación proseguiron pola tarde coa actuación de Circo Chosco e para rematar con música de verbena e baile actuou o dúo Chocolate.

O bo tempo da xornada de onte axudou a que a romaría fose un éxito e que moitos veciños e visitantes se animasen a pasar o día neste entorno natural. Para completar a oferta tamén se instalaron no lugar postos para un mercadiño tradicional cunha variada oferta.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 
Este domingo se disputa el Desafío Santander Islas Cíes y en FARO lo celebramos sorteando 10 mochilas oficiales del triatlón. Contesta a las preguntas y luce mochila nueva.

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .