A programación de obradoiros do Museo Massó de Bueu continúa esta fin de semana cunha nova edición da actividade "Atrapad@s na rede", dirixido a nenos e nenas maiores de 8 anos. O taller estará impartido pola redeira Consuelo Martínez, que explicará aos asistentes cales son técnicas de confección das redes de pesca e os distintos tipos de artes.

A inscrición é completamente gratuita e as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 886 151 101 ou ben escribir ao correo electrónico museo.masso@xunta.gal.