Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"É factible reconstruír o estaleiro e hai que facelo"

-Considera posible unha boa recuperación do estaleiro de Casqueiro que foi queimado?

-É completamente factible. Na conferencia falei un pouco de como foi o meu proceso de estudo destas 12 carpinterías. Pero insistín en que agora hai que rehabilitalo. Hai que reconstruir esta carpintería. Cando facíamos a tese sabiamos que con estas estructuras o tempo vai na nosa contra. Entón tivemos que fotografialas e tomar medidas. Esa labor axudará á súa rehabilitación. O incendio foi unha traba no camiño pero a finalidade é que a carpintería volva a estar viva.

-Que pode aportar a Moaña a recuperación e a musealización do estaleiro?

-A musealización é outro tema. Atoparlle un uso tras a súa rehabilitación habería que estudalo para saber que necesitan os moañeses. En Moaña no seu día se construían barcos de madeira. E hoxe en día seguen a ter barcos de madeira. Se un día paseo cos meus fillos por un paseo marítimo e convive con estas edificacións, eu poderei falar cos meus fillos do mar e poderei falar da construcción en madeira. Hai que unir esforzos. A memoria dun pobo se transmite mantendo un patrimonio.

-Por que a súa tese cataloga 12 carpinterías?

-Cataloga as únicas 12 edificacións en madeira que quedan vivas, dende Cervo a Vigo. Hai outros estaleiros que seguen con esta actividade, pero os edificios xa non teñen valor patrimonial. O municipio de Moaña é o que máis ten, entre os do centro e os de Domaio.

Compartir el artículo

stats