06 de agosto de 2017
06.08.2017

A Xuntanza de Embarcacións afronta unha semana repleta de actividades en Moaña

Arrancou coa presentación da revista Sueste e do libro "A relixión do mar"

06.08.2017 | 03:30
Presentación de actividades en el Concello. // G.N.

As actividades da décimo cuarta Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña comezaron onte coa presentación da segunda edición da revista Sueste e a do libro "A relixión do mar", de Xosé Iglesias. Por mor do incendio provocado no estaleiro de Casqueiro, sede da asociación, foron suspendidas diversas actividades programadas.

Na presentación da revista, que tivo lugar no salón de plenos, a organización plasmou dous editoriais. O primeiro foi elaborado antes do incendio e o segundo, despois. A mostra do libro foi no Eirado do Ferreiro.

As actividades continuarán ao longo da semana, dando comezo o luns coa conferencia "As carpintarías de ribeira en Galicia. A recuperación das súas estruturas", por Óscar Fuentes. O martes presentarase o libro "A soidade das medusas", de Iria Collazo, e o mércores proxectarase "A dorna xeiteira", do Museo do Mar de Galicia. Proseguirase o xoves coa actuación do grupo musical "Xardín desordenado" no Eirado do Ferreiro. Por último, o sábado e o domingo terá lugar a décimo cuarta Xuntanza de embarcacións no peirao da Mosqueira, con saídas pola ría.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .