Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xabier Díaz: "Os músicos galegos temos certo problema de autoestima"

"As bandas galegas teñen lustre e calidade suficiente para compartir escenario con calquera tipo de proposta"

Xabier Díaz colabora coas Adufeiras de Salitre. // FdV

Acompañado polas Adufeiras de Salitre, Xabier Díaz é un dos encargados de abrir o Festival Intercéltico do Morrazo. Tras unha xeira fóra de casa, volve cunha sonoridade baseada na percusión e disposto a facer bailar e cantar a todo o público co sonido tradicional da música galega.

-Despois de todo o éxito logrado fóra de Galicia, como senta volver a tocar en casa?

-É o primeiro dunha xeira que fixemos por fóra e o primeiro que volvemos a facer aquí, entón sempre mola tocar para xente que demostra saber as cancións e canta con nós. Sempre é agradable voltar despois de tocar aí fóra para xente que é máis incógnita, nunca sabes como van respostar.

-Estará acompañado polas Adufeiras de Salitre.

-É un proxecto que naceu con elas, levamos practicamente dous anos, fixemos máis de 50 concertos xuntos. Eu entendo esta etapa da miña vida,no que atinxe á música, como algo que casi non vexo sin elas. É natural, non as vexo coma colaboradoras, se non como parte de algo que é un proxecto coral.

-"The Tamborine Man" foi o seu último disco, como o definiría?

-É un álbum de raíz que ten unha vocación moi dos circuitos europeos, moi desa óptica da música tradicional desde este tempo. Vela renovada, cunha perspectiva moderna, pero ao mesmo tempo mantendo certas cuestións que son esenciais.

-A percusión é un dos elementos máis importantes.

-Eu diría que é o máis importante, o máis definitorio deste traballo. Tamén o máis impactante, o que máis chamou atención tanto fóra coma dentro da casa.

-Por qué é isto?

-A parte de que visualmente é moi poderoso, a propia sonoridade é tremendamente orgánica. Ten ese punto arcaico e tamén moi de performance, moi moderno.

-O directo, ao centrarse na percusión, resulta máis forte?

-Plantexámolo como un momento no que ten que haber unha suma de moitas enerxías. Somos xente entregada ao directo, este tipo de músicas teñen todo o sentido cando se fan en directo. Máis aló de que isto funcionase mellor, o realmente importante, e o que máis nos congratula, e o tocar e ver a reacción da xente.

-Compartirá escenario con outras bandas recoñecidas dentro da música folk, non só galegas se non tamén de fóra (Irlanda, Escocia...)

-É unha oportunidade importante para que o público coñeza bandas doutros lugares.Tamén para demostrar que as bandas galegas teñen lustre e calidade suficiente para compartir escenario con calquera tipo de proposta de calquera parte do mundo. Ás veces temos un certo problema de autoestima, o digo por parte dos músicos e tamén dos programadores. Obviamente é importante que todos teñamos esa capacidade de creernos capaces de tocar en calquera escenario do mundo e de poder dicir "estamos aquí."

Compartir el artículo

stats