Guillermo Martinez, portavoz da IXP "Ribeiras do Morrazo" ten claro que un dos principales obxetivos deste novo selo de calidade é conseguir o éxito das adegas.É dono dunha adega nunha casa de turismo rural "Os Areeiros", en Santa cristina de Cobres, en Vilaboa.

-Cal foi o principal motivo polo que se levou a cabo a creación da IXP" Ribeiras do Morrazo"?

-A premisa principal foi tentar vender as uvas e facer un viño de calidade, facer unhas adegas e a partir de aí vender o viño cun selo de calidade que o volvería único.

-Un dos motivos foi a negación de Rías Baixas de formar parte desta denominación de orixe?

-Si, foi unha das razóns, xa que levamos moitos anos peleando con iso, sobre todo concretamente Vilaboa e Bueu que levan moitos anos loitando por entrar en Rías Baixas, pero sempre tivemos un no por resposta a pesar de que en todos os estudos saía que sí que encaixábamos para entrar a formar parte de esta denominación de orixe, tendo todas as características necesarias. É por iso que decidimos tomar o camiño do medio e creamos a IXP "Ribeiras do Morrazo" aprobada pola Xunta de Galicia e contando con todas as características xeográficas e de todo tipo para poder realizar a creación.

-Cales son os concellos que forman parte?

-Neste momento somos oito concellos, os de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa e catro adegas funcionando en Marín, Vilaboa, Poio e Redondela.

-Cantas hectáreas hai nestes oito concellos?

-Actualmente hai 2.340 hectáreas de viñedo nestes concellos, aínda que non todas están capacitadas para fornecer viño á nova IXP, debido a que non todas as variedades que se cultivan son admisibles. Só son aquelas de cultivo tradicional que se atopan sinaladas no correspondente prego de condicións da IXP.

-Cal é o principal obxetivo da creación da IXP " Ribeiras do Morrazo"?

-Vender o viño ao Consello de Calidade, porque si estas amparado cunha IXP tes a opción de competir a nivel nacional ou internacional.

-A Xunta de Galicia xa aprobou a proposta de creación da IXP "Ribeiras do Morrazo". ¿Estades pendentes da outra aprobación que supoña un maior coñecemento deste novo selo de calidade?

-Si, temos a aprobación transitoria aquí en España, pero pódese tardar ata tres anos para que o certifiquen a nivel de Europa, na Comisión da Unión Europea

-Os viños son brancos ou tintos?

-Hai dos dous tipos, do branco temos albariño, caíño branco, godello, loureira, traixadura, branco lexítimo e torrontés; e do tinto, brancellao, caíño tinto, pedral, espadeiro, loureiro tinto, mencía e sousón. Pode que o albariño e caíño sexan as castes con máis incidencia.

-Cal é a graduación de alcohol que presentan estes?

-Ese parámetro atópase contemplado no prego de condicións, sendo en branco 11,5 de mínimo que poida ter, e en tintos 10,5 de graduación alcohólica.

-Cómo ten que facer un furancho se quere vender o viño con este selo de Ribeiras do Morrazo?

-Para poder etiquetar o furancho ten que ter dous selos imprescindibles como calquera adega, o rexistro embotellador e o rexistro sanitario.

Cales foron os principais requisitos que tiveron que seguir para a creación deste selo de calidade?

-Fixéronse uns acordos primarios en todos os concellos partícipes e despois realizouse a presentación de un proxecto a Consellería do Medio Rural, a cal lle pareceu ben, e é así como saliu para adiante no ano 2016.