Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xesús Ron "Xron": "Sen perder a esencia de compañía gamberra pasamos de marxinais a unha posición central"

Una escena de "Río Bravo" con Xron en primeiro plano. // Chévere

Xesús Ron, coñecido artísticamente como "Xron" (1965, Vigo), é un dos actores que hoxe interpretará a obra "Río Bravo", ás 22.30 horas no Auditorio. Trátase da reestrea da obra coa que a compañía comezou a súa andaina, co gallo do seu 30 aniversario.

-De onde xurdiu a idea de reestrear a obra "Río Bravo"?

-Xusto esta semana se cumpren 30 anos da primeira actuación en público de Chévere, no ano 87. Decidimos facer unha paradiña no camiño e celebrar estes 30 anos cun carácter festivo. O teatro é un arte efímero e nós estamos nun momento de máxima actividade e pasando o noso mellor momento profesional e creativo. Sacamos forzas para voltar a montar obras antigas e darlle a oportunidade ao público novo de coñecelas. De ahí que se recupere "Río Bravo".

-A reestrea é en Cangas?

-Si. Fixemos unha segunda versión hai 15 anos. Pero dende entón nunca se voltou a montar. A obra non vai xirar. Se fai en Cangas mañá -por hoxe- e de martes a domingo en Santiago.

-Non é algo moi visto, unha comedia baseada nun western. Non?

-Se estreou en 1990. É unha parodia e revisitación de todos os estereotipos do western, tanto cinematográficos como das novelas do Oeste que chegaron a España nos anos 60 e 70.

-E que tal funcionará nun festival cómico?

-Seguro que ben. "Río Bravo" é a obra máis festiva e máis cómica que Chévere fixo nunca. É unha auténtica festa teatral. Dende que empeza ata que acaba. Trátase de que o pase tan ben a xente do público como a xente do escenario. Se rompe a cuarta parede. O público tamén se convirte nalgún momento nun actor colectivo. É moi musical e con cancións pegadizas. Trátase dun teatro con poucos elementos pero moita efectividade.

-Vostede está en Chévere dende o seu nacemento?.

-Practicamente. Eu entrei no ano 1988, un ano despois.

-Que mudou na compañía dende aqueles inicios?

-Mudou moito, como mudou o mundo dende finais dos 80. Agora estamos vivindo o futuro que imaxinabamos. Comenzamos sendo unha compañía moi marxinal, que naceu nas marxes. Todos eramos autodidactas e viñamos do rock, do activismo político e cultural. O que cambiou sobre todo é que despois de 30 anos podemos vivir do teatro. Xa non somos unha compañía marxinal. Sen perder a esencia daquel Chévere gamberro, crítico e ácido creo que ocupamos unha posición máis central dentro da escena galega. Hai tres anos recibimos o Premio Nacional de Teatro. Iso demostra que é posible vencer sen perder os compromisos e a personalidade propia.

-O teatro galego superou os peores momento da crise?

-A crise que se viviu non foi de creación nin de talento. Foi exclusivamente política. Provocada polos gobernos español e galego que responderon a unha crise dun sistema especulativo de xeito irresponsable. Recortaron en sanidade, educación e cultura. Grazas a que o teatro galego é un sector profesional e responsable as pequenas compañías lograron sobrevivir a este momento de recorte e abandono das políticas culturais.

-Que supón unha Mostra como a de Cangas, con 34 anos de historia?

-O teatro galego ten moitísimo público. A vitalidade dunha mostra como a de Cangas é un exemplo. Os principais festivais de Teatro de Galicia están en vilas, non en cidades. A de Cangas é un exemplo de como unha iniciativa de base se mantén no tempo. Está nun momento moi potente.

Compartir el artículo

stats