Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Carlos Eirea: "Son moi esixente conmigo mesmo: recoñezo que non me da a virada para todo e así é mellor deixalo"

O doutor volverá a centrarse exclusivamente no seu traballo no centro de saúde da vila

Carlos Eirea Eiras deixará en breve o Concello de Bueu. // G.Núñez

Natural de Santiago de Compostela, do barrio do Castiñeiriño, como a el lle gusta dicir. En Bueu é unha desas persoas que inspira respeto e ata devoción debido ao seu traballo: máis de 20 anos como doutor no centro de saúde de vila. A súa é unha das consultas máis solicitadas e raro é o día no que non ten una boa cola de xente agardando por el. Por iso recoñece cun sorriso que, despois da súa familia, quen máis vai agradecer a súa decisión son os seus pacientes.

-Que lle impulsa a presentar a súa dimisión xusto cando se chega á metade do mandato?

-En resumidas contas, a vida. Hai unha serie de motivos persoais e laborais que ao final fan que non teña tempo para compaxinar todo. Empregando unha expresión moi morracense, diría que non me dá a virada. Eu son moi esixente conmigo mesmo e creo que antes de facer as cousas a medias é mellor marcharse.

-Entendo que decisión non lle resulta fácil, pero que ao mesmo tempo entende que é a mellor para vostede e para o goberno.

-Si. Eu iniciei este proxecto moi ilusionado e animado por Félix [Juncal], que consideraba que lle podía botar unha man. Pero a miña profesión pesa moito, ás veces é difícil establecer as fronteiras. Despois de dous anos creo que o mellor é deixar paso a alguén que teñá máis tempo e dispoñibilidade.

-Como valora a experiencia de estar dous anos no eido da política municipal?

-Foi un tempo moi interesante, que serviu para ver a vida municipal desde dentro e para estar en contacto coa tremendo tecido sociocultural de Bueu. Tentei aportar algunhas pinceladas para mellorar algunhas cousas, aínda que outras moitas quedaronse no tinteiro. Bueu ten un gran dinamismo cultural e social e foi unha bonita experiencia.

- ¿Algunha pincelada da que se sinta especialmente orgulloso?

-O que tentei foi aportar ideas e suxerencias para que algunhas cousas sigan medrando. Por exemplo, coa festival de curtas FIC Bueu, que xa estaba aí moito antes de que chegase eu, o que tentamos foi que se fixera máis grande e con máis actividades.

-E entre as pinceladas que se quedan no tinteiro?

-Son moitas. Agora por fin despois de moito traballo este goberno vai poder poñer en marcha o proxecto do asteleiro de Banda do Río. Hai outras cousas, como o espazo cultural na antiga sala Paraíso, que se quedaron aí porque son proxectos con moitas limitacións e condicionantes para poder saír adiante.

-A súa consulta no centro de saúde de Bueu é das máis numerosas. Supoño que os seus pacientes estarán contentos de que se volva adicar a eles en exclusiva

-Son moitos anos. Xa levo 21 anos en Bueu e ao longo de este tempo a sanidade non avanzou todo o que debería. Houbo unha época de retroceso e recortes, que nos levou a que en lugar de ter máis tempo para estar cos pacientes teñamos menos.

-No goberno bipartito da Xunta xa tivo responsabilidades na administración como xerente de Atención Primaria Vigo-Pontecedra. Supoño que son experiencias radicalmente diferentes

-Si. Aquel cargo era de gran peso e podía adicarme exclusivamente a el. Nunha administración local non é o caso e non podía con todo. Pero seguirei a certa distancia, pero coa cercanía necesaria, para axudar e asesora no que poda. Estou seguro de que o meu sucesor o fará moi ben e poderá superar o listón que eu lle deixei.

Compartir el artículo

stats