Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Rituais da noite de San Xoán

O moañés Luis Chapela fai un percorrido pola tradición das fogueiras que hoxe arden por todos os rincóns da comarca

Fogueira do ano pasado en Tirán. // FdV

As fogueiras son para queimar as cousas vellas e inservibles das nosas vidas. Antigamente se aproveitaban para queimar roupa ou incluso móbeis da casa, pero hoxe nos chega con que sexa un xesto simbólico. Podemos prender unha fogueira no quinteiro da casa ou na praia, ou moita xente incluso prenden unha bela. Despois escribimos nun papel aquilo do que queremos desfacernos para sempre ( poden ser varias cousas ) e queimamos o papel no lume. Pero ademais debemos saltar pola fogueira, pois este xesto ten tamén un significado relacionado con atraer a fortuna, a saúde e especialmente o amor. Tamén hai quen di, que saltando a fogueira na noite de San Xoán adquire forza e se protexe contra as enfermidades.

As plantas so boas para atopar un novo amor, ou manter o que se ten. Unha das costumes que deu a esta festividade o nome de San Xoán, concretamente está relacionada co amor. En algúns lugares, as mozas casadeiras acostumaban recoller o cacho as 12 da noite da véspera da festividade, con a crenza de que así conseguirían ser amadas. Con estas plantas se facían conxuros, ritos e outros. As plantas son poderosas como amuletos, se recollen esta noite antes de que salga o sol, o cacho, ou herbas de San Xoán combaten o cansazo, axuda a abrir portas e te protexe da mala sorte. Outra costume e deixar as plantas en auga e despois durante tres días lavar a cara e os brazos con esa auga, incluso hai que molla as ventas e portas da casa , para espantar o mal de ollo. Saltar a cacharela e limpar os malos fumes, e o momento de actuar de comezar proxectos, de lanzarse e arriscar, pero antes debemos eliminar da nosa vida os lastres e rexenerar as enerxías que nós rodean.

Para isto ultimo e bo coas herbas do cacho limpar a casa e aqueles lugares onde pasemos moito tempo. Ademais por San Xoán se acostuma a queimar albahaca unha planta con dobre significado, por un lado representa o odio e por outro ao amor. Se debe recoller esa noite, queimar unhas poucas follas para librarnos da envexa de alguén e gardar outras tantas coma as que se queimaron na casa como amuleto de amor.

A auga tamén esta presente na noite máis corta do ano, nos saca as malas enerxías que poidamos ter. Ao igual que o lume, a auga e un símbolo de purificación, se recolle no río, fonte e nos últimos anos no mar, para lavarnos con ela e eliminar a mala enerxía do corpo. Tamén se pode bañar directamente esa mesma noite na fonte, río, ou mar. Costume que xa e tradición en Galicia , de meterse nas augas do mar as doce da noite do día 23, para recibir as nove ondas, portadoras de saúde e fertilidade.

Outra tradición e a de lavar os ollos con as pingas de recio na madrugada do 24, seica que espanta o mal de ollo e protexe contra todo tipo de desgrazas. Este recio revitaliza e rexuvenece. Noutros lugares incluso pola madrugada se vai dando tombos pola herba húmida da maña. Outra tradición que xa se vai perdendo polo menos nas zonas máis urbanas era que despois de gozar da fogueira, os moz@s se xuntaban e ían polas casas dos amigos a sacarlle as cancelas e as levaban para as casa das moz@s que lle gustaba, se teñen cambiado de sitio incluso carros do pais e algún animal que o deixaban atado diante da casa de outros veciños. Pola maña viñan as risas o mirar a xente a buscar polo barrio as cancelas e os animais. Era outra forma de divertirse que como xa dixen se foi perdendo

Seguro que hai outros rituais nesta noite tan especial, pero o principal e que tod@s gocemos dela e o pasemos ben na compaña da familia e amigos, merece a pena vivir a noite máis corta do ano.

* Veciño de Tirán (Moaña)

Compartir el artículo

stats