Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"A miña única aspiración é que os moañeses se sintan orgullosos"

-O BNG conseguiu deter unha sangría de votos que semellaba non ter fin. Pero recuperar apoios é máis complicado. Como ve o futuro do BNG?

-A verdade é que estou moi ilusionada coa nosa voceira nacional e a executiva que acaba de formarse. Creo que este país precisa máis que nunca recuperar a esencia de sentirse importante. Que a xente sinta orgullo de ser galego. Estou apreciando que a xente se empeza a dar de conta da importancia que presenta o BNG para o noso país. Importancia para lograr que Galicia sexa respectada. No recente debate da moción de censura Galicia non estivo presente, e leva sen estar presente dende que se formaron as cortes e non temos representación. A xente empeza a darse de conta da importancia que tiña o BNG nas cortes en Madrid. É triste que teña que ser por ausencia, pero é importante que a xente se dea de conta e nos teña como alternativa.

-Como se recuperan apoios?

-Vai no mesmo camiño. Moita xente creu noutras alternativas pensando que ían defender os intereses do país. Estanse a empezar a dar de conta de que non. Iso foi unha composición electoralista que conseguiu o poder que lle entregou o electorado. Pero non están a exercer o poder no beneficio de Galicia.

-Vostede está no Consello Nacional do BNG. Que aspiracións ten dentro do partido?

-Ser alcaldesa do Concello de Moaña os dous anos que quedan de mandato. Teño moi claros os compromisos que podo adquirir a nivel persoal e político. A miña vida está centrada en Moaña. A miña expectativa é rematar este mandato e conseguir que o pobo de Moaña se sinta orgulloso da xente que o representa no goberno municipal. A partires de ahí a xente decidirá si nos volve a dar o seu apoio. Máis alá non podo dicir.

Compartir el artículo

stats