| O salón de plenos de Cangas acolleu onte a entrega de diplomas ás persoas participantes no programa de "correspondentes xuvenís 3.0", no que participaron este curso 54 estudiantes de Secundaria dos institutos María Soliño, Monte Carrasco, Rodeira, Eduardo Pondal e Casa da Virxe. Ao acto asistiron o alcalde, Xosé Manuel Pazos; o concelleiro de Mocidade, Andrés García Bastón; o director do Centro Coordinador de Información Xuvenil, Suso Antelo; e a técnica do Concello, Mercedes Lorenzo. Os Correspondentes Xuvenís son mozos e mozas voluntarios, de 14 a 20 anos, que difunden a información "ente iguais, adquirindo a súa vez habilidades e competencias comunicativas e de liderado que lles permiten formarse de cara ao futuro dentro do ámbito da educación non formal".