17 de mayo de 2017
17.05.2017

A escaseza de lectores obrigou a baixar o volume de edición

17.05.2017 | 03:23

Non todo son boas novas para o sector do libro na comarca nin moito menos. Dende Rinoceronte Editora apuntan a que, con respecto aos anos anteriores, o seu volume de edición minguou, "igual ca o do resto de editoras do país, debido á escaseza de lectores de libros, e máis aínda de lectores en galego". Esta editorial combina, como tantas outras, a edición de libros de texto coa de obras literarias con selos propios. A actual incerteza con respecto ao futuro da lei educativa vixente no Estado fai que nestes momentos o traballo no eido dos libros de texto estea practicamente paralizado.

En canto á literatura infantil e xuvenil, baixo o selo "Sushi Books" se publicaron seis traducións ao galego, destacando as obras ilustradas do sueco Jakob Wegelius: A lenda de Sally Jones e O mono do asasino. Outros libros editados son o volume de textos dramáticos de Santiago Cortegoso A filla de Woody Allen, ou o libro de memoria histórica Así aprenderán a non ter ideas, de Calros Solla.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine