06 de mayo de 2017
06.05.2017

O colexio de Beluso celebra a trixésima Semana Cultural e Letras Galegas

O programa inclúe encontros con autores, un obradoiro de cine ou o Correlingua -A Garda Civil dará unha charla para profesorado e pais e nais

06.05.2017 | 03:47
Os membros de Educateatro, no salón de actos do colexio. // S.Á.

Maio é o mes das Letras Galegas e dende hai xa 30 anos é a data na que o colexio de Montemogos, en Beluso, celebra a súa Semana Cultural. As actividades comezaron esta mesma semana e vanse prolongar ata o vindeiro 23 de maio, cunha visita da Garda Civil para falar do "Plan Director para a Convivencia".

A primeira actividade foi un encontro co actor de teatro Paulo Medal, de Educateatro, quen xunto a súa compañeira fixo unha función didáctica e divertida para dar a coñecer ao alumnado as diferentes tarefas que levan a cabo para a preparación dunha obra de teatro.

A seguinte actividade será este luns, coa Coral Polifónica de Beluso, que interpretará o Himno de Galicia, e co grupo de cantareiras e pandereteiras do colexio. O martes o estudantado acudirá a Moaña para participar con Correlingua comarcal. Pola tarde, de 18.30 a 19.15 horas haberá unha sesión do clube de lectura co libro "Un animal chamado Néboa". O mércores estará no centro o grupo Polo Corredo do Vento, cun acto de homenaxe á pintora Maruja Mallo, mentras que o xoves haberá unha obra de teatro adicada a Carlos Casares. A Semana Cultural e das Letras non se esquece do deporte xa que o venres 12 de maio terá lugar unha nova edición do torneo cuadrangular de fútbol sala, no que participarán os colexios de A Pedra, A Torre, Virxe Milagrosa e Montemogos.

O luns 15 de maio a xornada estará adicada ao cine. O alumnado terá un novo encontro cun actor e unha actriz e recibirán a visita do director do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FIC). Na xornada do martes 16 de maio acudirá a escritora Ledicia Costas, que manterá un encontro co alumnado de 5º e 6º de Primaria e pola tarde con pais, nais e profesorado.

O xoves 18 de maio estará en Beluso o contacontos Iago López e voltará Manuel Pena, esta vez para unha obradoiro acerca de como se fai unha película. O alumnado participará na carreira escolar do 300 aniversario da Escola Naval de Marín, que será o 19 de maio. A programación conclúe o 22 de maio, cun novo encontro cun actor, e o martes 23 de maio cunha función teatral na Casa do Pobo e a charla da Garda Civil para alumnado e profesorado.

O centro conta coa colaboración do Concello de Bueu, ANPA Cabo Udra, Editorial Anaya e a Fundación Novas para os actos desta XXX Semana Cultural.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine