A Revoluçao dos Cravos que o 25 de abril de 1974 supuxo a caída da ditadura fascista en Portugal e o paso do país veciño cara un sistema democrático se celebra en distintas localidades de Galicia cada ano. Moaña vai ser un dos puntos de encontro dos galegos que queren mirar cara Portugal no aniversario dun dos eventos máis importantes da historia recente lusa. Ao longo de toda a semana que comeza hoxe o Ateneo de Moaña, en colaboración co Concello, organiza unha sucesión de actividades que teñen o seu epicentro na propia casa consistorial.

A partir de mesma tarde de hoxe se porá a disposición do público unha exposición de cartaces orixinais da Revolución dos Caraveis. O mércores o salón de plenos acollerá a proxección do documental portugués "A hora da Liberdade". Está prevista para as 18.30 horas.

O domingo 30 se concentrarán a meirande parte das actividades, cunha conferencia impartida por un dos capitáns que levaron a cabo aquela revolución. Trátase de José Vieira, que tamén é membro do Ateneo moañés que organiza o evento. Vieira protagonizará a charla a partires das 12 do mediodía. Ademais de capitán na revolución é profesor universitario de Economía.

O mesmo domingo, ás 14.30 horas, está programado un xantar de confraternidade na Adega de Amadeo, de Meira. Os organizadores explican que o xantar consistirá nun menú degustación galego acompañado de música en directo de autor e dunha foliada tradicional. Os interesados en reservar praza no xantar deben chamar ao seguinte teléfono: 662 094 951.

Dende o Ateneo de Moaña apuntan á conveniencia de lembrar "épocas recentes e valentes" onde triunfaron os valores de xustiza e solidariedade, sobre todo nun tempo "no que sufrimos a intensificaron da miseria e da barbarie no noso país e en todo o planeta".