Bueu uniuse onte aos actos celebrados por toda Galicia para celebrar o 180 aniversario de Rosalía de Castro. O Centro Social do Mar acolleu a proxección dun documental e logo un recital poético no que as persoas que o desexaban podían subir a ler poemas ou fragmentos da obra rosaliana. O documental que se proxectou foi "I ante aquel silencio mudo", dirixido por Marina Chiavegatto e Millán Castro e producida pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).

O acto de onte reuniu a máis de medio cento de veciños e durante o recital cerca dunha ducia de personas animáronse a ler algún dos poemas de Rosalía. Había veciños; representantes políticos, como o concelleiro de Cultura, Carlos Eirea; ou poetas como Lucía Novas. O peche viu coa interpretación de todos os asistentes do coñecido poema "Negra sombra".