12 de febrero de 2017
12.02.2017

Unha homenaxe para o mestre de mestres

A presentación de "A alborada dun soño" en Bueu convírtese nun tributo a Antón Corral

12.02.2017 | 03:11
A Banda de Gaitas Manxadoira, onte sobre o escenario do centro social no remate da homenaxe. // F.M.

Antón Corral (A Coruña, 1936) é unha das grandes figuras da cultura galega. Músico, artesán e mestre de grandes gaiteiros. En 2016 publicouse "Antón Corral. A alborada dun soño", escrito por Fina Fernández. A Librería Miranda de Bueu organizou onte a presentación que tiña prevista para decembro.

Ía ser simplemente a presentación dun libro. Dun libro sobre a súa figura. Pero acabou sendo moito máis. Toda unha sentida e merecida homenaxe a un mestre de mestres. A un gran artesán e defensor da cultura musical galega: Antón Corral, fundador, entre outras agrupacións, da Banda de Gaitas Xarabal.

Esta vez si puido ser. A finais de decembro estaba prevista a presentación do libro "Antón Corral. A alborada dun soño", escrito por Fina Fernández e publicado por Editorial Canela. Un libro que se abre cun prólogo dun dos discípulos e máis aventaxados alumnos de Corral: o gaiteiro vigués Carlos Núñez.Pero daquela un inoportuno problema de saúde obrigou a adiar o acto, que organiza a Librería Miranda. A Banda de Gaitas Manxadoira de Bueu xa lle tiña preparada daquela unha homenaxe e onte por fin puido levala a cabo.

Ao inicio do acto, e por sopresa, apareceu o músico Carlos do Viso, que coa súa zanfona interpretou "O romance de Don Gaiferos", unha poesía cantada que se supón datada no século XIII, e que narra a peregrinación a Santiago de Don Gaiferos, que en realidade era o duque de Aquitania Guillermo X. Contou que elexiu esta peza porque a descubriu precisamente a través do propio Antón Corral e completou a súa introducción coa foliada "A burriña".

A Banda de Gaitas Manxadoira tamén se sumou de maneira activa á festa. O seu director, Marcos Campos, que tamén é director de Xarabal, estaba na mesa xunto ao mestre. O resto dos membros estaban entre o público e en canto rematou a presentación erguéronse dos seus asentos e cos seus instrumentos brindáronlle outra homenaxe a Antón Corral. Interpretaron para el dous valses compostos polo exdirector de Manxadoira, Anxo Gago "Lito", que para tamén estaba para esta ocasión. Eses dous temas foron "Agulliña" e "Manxadoira", interpretados deseguido. O broche final á celebración foi a interpretación do himno galego.

Así, o que ía a ser unha presentación máis dun libro acabou convertíndose nunha sentida e emotiva homenaxe a un dos persoeiros clave da cultura galega e que se viu superado pola sorpresa e a emoción.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 
Este domingo se disputa el Desafío Santander Islas Cíes y en FARO lo celebramos sorteando 10 mochilas oficiales del triatlón. Contesta a las preguntas y luce mochila nueva.

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .