O período de Nadal e o seguinte período de rebaixas atraen a motos veciños ao comercio local. A Concellaría de Normalización Lingüística de Moaña puxo en marcha a campaña "Cos meus mellores desexos", para facilitar que o comercio local desenvolva a súa actividade no idioma propio de Galicia.

O Concello reparte entre os comerciantes etiquetas adhesivas para agasallos con lemas como "Parabéns" ou "De alguén que te quere". Ademais, se reparten carteis de "rebaixas" para os escaparates. Ao mesmo tempo, o Concello chama á poboación ao consumo nos comercios de proximidade.