Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

As vellas festas do Samertolaméu

Desde sempre, esta romería que hoxe comenza, gozou de moita sona en todo O Morrazo

Rebusco na memoria para contar algunhas vivencias que fun xuntando con vell@s veciños de Meira, arredor dunha das festas máis importantes do concello. Cando comezou a guerra civil e mentres esta durou a festa non se celebrou, so se facía a misa maior, vixiada pola garda civil, que así como remataba a misa, dispersaba a xente. Xa na posguerra comezouse a facer festa cunha banda de musica, que acompañaba a procesión e despois daba un concerto, pasado o tempo comezaron a tocar as orquestras. Daquela os Chamarrias tiñan unha orquestra chamada Baia, que actuaron no Samertolameu máis de unha vez, xunto a orquestra de Masillos.

Desde sempre esta romaría gozou de moita sona en todo o Morrazo, a xente aínda recorda cando viñan dous carros do pais tirados por bois ou vacas, desde Darbo cargados de sandías, para vender na festa, pois daquela este froito se cultivaba moito nesta parroquia de Cangas, hoxe en día este froito xa chega a illa en coche. A festas do Samertolameu, competían en importancia coa de San Martiño. Nestes días de festas os barcos non saian ao mar, nas casas as mulleres trataban de facer unha comida especial para a cal se mataban galos, coellos e algún que outro carneiro. Tamén se facían empanadas de todo tipo, desde bacallau ata de racho. Eu recordo aquelas empanadas de mazan para a sobre mesa.

Sempre se dixo que as festas de Samertolameu, eran as festas dos rapaces, e dou fe de que era así. Xuntabamos 50/ 60 pesetas en todo ano para o chegar a festa mercabas unha espada de plástico, ou unhas pistolas, ou calquera outra cousa e xa quedabas sen nada, nin sequera quedaba para un viaxe nos barquillitos que custaban 5 pesetas. Pero eran as festas que máis celebraban os cativos de Meira, Berducedo, a Fraga, e doutros barrios dos arredores. Recordo que a capela da illa, antes tiña a porta de entrada mirando cara a Moaña, despois coa reforma cambiáronlla como está actualmente cara a Meira. Pero si a xente valoraba as festas aparte de polas orquestras e bandas de musica, era polas billas, que tiñan moita importancia. A billa era un posto típico onde se come e bebe, eran postas por familias do noso concello. Subliñar que a festa canto máis sona tiña, máis xente acudía a ela e iso daba pé ao aumento dos postos de venta.

Naqueles anos no Samertolameu as billas que se montaban arredor no adro eran a de Gallego, a de Campeiro, a do Grolo, a de Chine, e había unha que lle chamaban a billa do Café, de sr. Manuel de Gráciana, seica era máis fina, pois alí ían aquelas persoas de máis estatus social ou cando menos de aparencia. Outra billa importante era a dos Paredes de Couso, onde vendían viño, sidra feita por eles mesmos con mazas que mercaban en Santomé de Piñeiro, todo acompañado con talladas de bacallau frito e chourizos da casa é por suposto café de pota.

Recordan que a súa sidra tiña moito éxito, incluso máis que o viño, era moi doce e baixaba moi ben, o normal era rematar a sidra antes de que rematar as festas. Mentres duraban as festas a xente que traballaba nas billas apenas durmían , si cadraba un par de horas de madrugada, se non eran tres ou catro días sen pegar ollo.

Era é sigue a ser un ritual que se perde no sono do tempo, pasar por debaixo das figuras do santo e do demo, é asistir a misa maior. Tamén tiña a súa importancia e era todo un ritual cando chegaban as poxas que se facía no palco da musica. Recordan que durante algúns anos o encargado de facer as poxas foi sr. Eugenio de Chine, alí se vendían animais, ovos, fariña, e outras cousas que a xente ofrecía ao Santo e a Virxe. Contan que un ano puxaron un porco que era dun veciño, que non se sabe como chegou ao adro, pois seica el non llo ofrecera ao Santo.

Os veciños máis vellos recordan aqueles homes cegos, que contaban historias que pasaban en outros lugares é que as cantaban nas romarías e feiras, as veces acompañados dalgún cativo, eran os romances dos cegos que vendían a xente en un papel cobrando a vontade. Tamén había algúns cantores que se acompañaban dun violín, ou acordeón. Estes romanceiros acostumaban a estar polo camiño que baixa paralelo o taller de Vitorio. De todos os vendedores ambulantes que se poñían as beiras da subida ao adro, a que nunca faltaba era señora Choncha, era unha parte fundamental para os cativos, un posto de lenda nas festas de todo o Morrazo. E que dicir do fermoso areal, onde hoxe esta o parque da illa, no que se facía un campionato de fútbol que duraba todas as festas, onde se montaban dous campos para xogar ao mesmo tempo.

Vou rematando esta achega as festas do Samertolameu, recoñecendo que seguen a ser unha das máis potentes do concello e do Morrazo, por outra banda as festas xa nada teñen que ver con aquelas dos anos 40/50/ 60. A xente hoxe vive mellor é na parroquia e en todo o pobo as familias máis ou menos celebran as festas por todo o alto, boas comidas é si non se fai na casa, se celebra en unha casa de comidas. Na miña opinión o que si perdeu as festas do Samertolameu foi aquel encanto que facía ser un día especial para os cativos, que agardaban por ela todo ano. Dicir que hoxe os rapaces xa teñen de todo e os seus pais os levan a calquera festa en coche, por iso quizais non lle teñen a ilusión que tiñamos nós. Pero aínda así o Samertolameu sigue a xuntar miles de persoas e cativos tamén.

Boas festas do Samertolameu 2016, para tod@s.

(*) Veciño de Tirán, Moaña

Compartir el artículo

stats