Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Crónicas do Teatro no Morrazo

O teatro en Cangas 1960-1975 (II)

Neste periodo prodúcese o auxe da música popular, a loita polos dereitos civís ou a guerra de Vietnam

A Avenida Montero Ríos en Cangas nos anos 60. // Arquivo A Cepa

"Vós os que fabricades as armas

Vós os que planificades a morte (?)

Tentades enganarme?"

( "Os señores da guerra", de Bob Dylan")

Cangas. Ano 1960: 17.337 habitantes.

Durante os anos 60 e 70 a súa poboación irá en aumento. Pobo mariñeiro. O mar- para homes e mulleres - é o seu medio fundamental de vida: na pesca de baixura, na de altura, na industria derivada: conservas, asteleiros, factoria baaleira? Mais tamén hai persoas que traballan no sector servicios. E na emigración por Europa adiante: Francia, Alemania?

A xente, no seu tempo de ocio vai o cine -ao de Leta (Calvar) ou ao de Andrea (Avenida). Baila na Sala La Palma, a máis nova tamén organiza guateques? E algúns tocan en "conxuntos": Los Rítmicos, los Geminis, Los Mismos: con Poyán, Chani Gallego, Paco Barreiro? ou fan teatro como Lina Gallego, Mari Chapela, Paco Marcos, Honorato Parcero, Eberto Pena, Carmina Barranco e outr@s...

E todo isto acontecía en tempos oscuros, na ditadura franquista, como escribiamos en Crónicas anteriores (Faro de Vigo Morrazo, 19 e 26 de xuño 2016)

Mais Cangas e as súas xentes están no mundo.

Nesas décadas comezouse a esixir maiores dereitos. Hai protestas xeneralizadas en EEUU contra a discriminación racial: Atá 1964, cando aparece a acta de Dereitos Civís, podían dividirse as tendas cines e bibliotecas en zonas separadas para brancos e negros. Os nomes de Martin Luther King asesinado en Memphis (Tennessee) en 1968 e Malcolm X chegan a todos os currunchos.

E tamén o berro contra a guerra do Vietnam (1965-1973) onde morren dous millóns de soldados vietnamitas e 58.000 aliados. Ademais dun desastre ecolóxico de deforestación pola utilización do axente laranxa na guerra química.

Tamén en 1968 as tropas soviéticas invadiron Checoslovaquia para aplastar as reformas do líder checo Alexander Dubcek porque temían que podería debilitar o Pacto de Varsovia.

E en 1973 Un golpe militar derroca en Chile al presidente democrático Salvador Allende.

O movimento feminista coa esixencia de igualdade de xénero, coa reivindicación da píldora anticonceptiva e a legalización do aborto vai transformando as mentalidades patriarcais e machistas asentadas durante séculos.

Neste periodo, pois, vanse cuestionar moitas tradicións elixindo estilos de vida alternativos.

Soños, utopías e revoltas que a música, ao se converter nun fenómeno cultural de masas, vai espallar a nivel mundial.

A disolucion dos Beatles vai supor o comezo dunha gran eclosion musical grazas precisamente ao camiño aberto por este grupo entre 1969 e 1973 momento de maior creatividade da chamada era rock: ritmo, axitación dos corpos, desinhibición fronte aos movimentos controlados, xestos medidos, boa educación e compostura. Xorde a desorde, a compulsión, o desenfreno A música arrastra formas de vestir: melenas, barbas, cores, frores, teas vaporosas, minifalda,cazadoras de coiro e pantalóns axustados

Fronte este aluvión de sons, ritmos, modas e novas ideas que viñan do estranxeiro os xoves da España de 1970 quedaron enfeitizados sobre todo polo forte contraste que supoñía co que acontecía dentro do noso país e tentaron imitar e seguir os pulos revolucionarios o que inevitablemente desembocou na xeneralización da protesta e o avance das posturas contestatarias. Esa enxurrada era imposible controlar por parte do rexime franquista e a censura e a represion policial - o único que sabia facer naquel momento- resultaba ineficaz fronte a un inimigo que xa non tiña rostro nin nome. Repetir o de "la horda judeo masónica y comunista" xa non era crible. E polo tanto resultaba potencialmente imparable e letal para a beatería, a misa do domingo, o santo rosario, a Formación do Espiritu Nacioanal, a gravata e o pelo con raia a un lado, os campamentos da OJE, os exercicios espirituais, a loita contra o pecado a luxuria, a fornicación a impureza e a exaltación, pola contra, da virilidade, a castidade e a virxinidade.

Todo esto xa daba as suas últimas bocanadas e resultaba un pouco patética a súa defensa ante a ola de liberacion. A censura, sen embargo, proseguía tentando controlar a prensa, a radio,os libros, o cine, o teatro,a canción, prohibindo editar,publicar, gravar,radiar, actuar en concertos e festivais a quen se saira das normas establecidas que tiñan sempre a obsesion pola moral e relixión católicas e as boas costumes. Ademais, claro está, da persecución de todo o que supuxera a mínima critica do sistema politico e moi en especial da figura do Xefe do Estado, o "Generalísimo".

Este e o ambiente social e politico no que a nova música española vai comezar un camiño de esplendor.

Resumindo poderiamos falar da existencia de tres grandes correntes paralelas: A chamada "canción española": Lola Flores, Sara Montiel, Concha Piquer, Raphael, Julio Iglesias, Manolo Escobar? En segundo lugar a canción moderna representada sobre todo polo Dúo Dinámico e outros grupos con influencia do pop e o rock: Sirex, Mustang, Pekeniques, Los Bravos, Los Brincos, Pop Tops, etc e para rematar o grupo dos cantautores: Raimon, Paco Ibañez, J.M. Serrat, Lluís Llach.

Lembrar, como precursores, os nomes de Pete Seeger, Bob Dylan e Joan Baez.

Compartir el artículo

stats