Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xabier Pérez: "A patronal quere levarnos de volta ao século XIX"

O economista presenta hoxe en Cangas "Alén da casta. Un ensaio sobre o poder e as clases socias no século XXI"

Xabier Pérez Davila.

Xabier Pérez Davila ten publicado abundante bibliografía de carácter socioeconómico, como "A batalla das pensións", un asunto de plena actualidade ante o debate sobre a sostibilidade do sistema de pensións. "O sistema estaba en superávit ata o 2011, cando entrou en déficit debido a caída do emprego, a reducción dos salarios ou o aumento de contratos bonificados", apunta. A razón é sinxela: a menor salario, menor cotización e aportación á caixa da Seguridade Social. "Estanse aplicando políticas contraproducentes, como a da austeridade", defende. O economista buensen fai especial fincapé na mellora das condicións laborais e salariais, sobre todo nunha sociedade cunha economía que se basea na demanda. Porque a menor salario, menor demanda. "Isto implica tamén reducir diferenzas salariais que resultan escandolosas. Hai informes de entidades como a OCDE que se preguntan por que aumenta a desigualdade. O principal problema da nosa sociedade é precisamente o aumento da desigualdade", conclúe.

Nun momento no que o termo "casta" está de plena actualidade, popularizado para referirse a esa minoría que ostenta o poder económico e político, o profesor e economista Xabier Pérez Davila (natural de Bueu), vén de publicar "Alén da casta. Un ensaio sobre o poder e as clases sociais no século XXI". O libro, editado por Laiovento, será presentado esta tarde na libraría Wells de Cangas (na Praza do Arco, ás 20.00 h), nun acto no que estará o propio autor. "A raíz da crise finaceira, que se transformou en económica, política e social, fíxenme a pregunta de se no século XXI aínda son válidos conceptos como clases sociais ou a loita de clases", explica.

A resposta é que esas ideas resultan "imprescindibles" para analizar a situación actual, aínda que as clases sociais cambiaron moito. "Nas últimas décadas apareceu unha nova clase internacional que acumula poder e riqueza como ningunha outra ao longo da historia", apunta Pérez Davila. E en contraposición a esa reducida elite hai autores que falan doutra nova clase: "O precariedado, xente moza e non tan moza incapaz de chegar a unha traxectoria profesional cun mínimo de estabilidade e que dé dereito a prestacións sociais", engade o autor.

Sobre esa concentración de riqueza e desigualdade hai informes de ONG's, como Intermón Oxfam, que poñen cifras. Como que o 1% da poboación acapara o 50% da riqueza mundial. Neste senso, o autor de "Alén da casta" inclúe no seu libro outro exemplo aínda máis ilustrativo. "O que eu chamo a aldea dos supermillonarios. Sería unha aldea habitada polas 25 persoas máis ricas do mundo, que son moitos menos que ese 1% da poboación mundial. O patrimonio desas 25 persoas sería o equivalente do PIB dun ano de Andalucía, Madrid, Cataluña, Galiza e País Valenciano, unha poboación de 30 millóns de persoas", exemplifica.

O debate sobre as clases sociais aínda ten máis actualidade tras declaracións como as de hai uns días do presidente da CEOE, Juan Rosell, que falaba do traballo fixo como un concepto do século XIX. "Realmente eu creo que a patronal o que quere é levarnos de volta ao século XIX, ese é o proxecto desa élite", sostén o escritor e economista buenense.

No libro que hoxe presenta en Cangas apunta a súa propia alternativa, que pasa por un "socialismo democrático" posto que "o capital sen límites é voraz". Unha alternativa que ademais parece en auxe noutros países, á vista da batalla que está a dar Bernie Sanders nas primarias dos Estados Unidos ou a elección de Jeremy Corbin como líder do Partido Laborista no Reino Unido. "Pero no sur de Europa e en España tamén. Novidades políticas como Syriza en Grecia ou as Mareas ou Podemos en serían impensables hai dez anos", afirma.

Compartir el artículo

stats