Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Habería que recuperar a praza de Síngulis"

"Habería que recuperar a praza de Síngulis"

Antonio Graña pasa por ser moitas cousas, pero é, sobre todo, un home encaprichado co patrimonio, defensor a ultranza do mesmo e coñecedor, como ninguén, dos proxectos urbanísticos que plasmaron en Cangas persoas como Félix Soage, sobre quen escribiu un libro. Foi que fixo a maqueta a tamaño natural do Reloxo situado na Alameda Félix Soage, como lle gusta que lle chamen, non Alameda Vella. Os seus 66 anos está xubilado do seu traballo no Concello de Cangas. Pero él encarna como ninguén a multidisciplina. Foi albanel, mecánico, carpinteiro, escultor e pescador, antes de chegar ao Concello.

-Colleulle de sorpresa o premio?

-Pois sí. A verdade que non pensaba que podía acadar tal distinción.

-Que cree que veu o xurado na súa laboura que non viu noutros?

-Eu tiven o privilexio de nacer na rúa Romai, agora Antonio Garelli. Alí concentrábase toda a vida de Cangas. Estaba a Almaeda de Félix Soage, o Reloj e a Capela do Hospital. Cando era neno pertecía a Acción Católica, que tiña sede no Batel. Tiñamos que ir a sabatina para poder xogar despois a ping-pong. Recordo que na Capela do Hospital que tanto se empeñou en derrubar o alcalde Portanet hasta que o logrou, utilizábase como un caselo no que xogámos de pequenos. Tamén se gardaba leña. Falo esto porque eu penso que as miñas querencias de infancia teñen moito que ver co premio.

-Donde naceu o seu interese polo patrimonio, por defendelo?

-Eu tiven de mestre de escola a don Bernadino Graña Refojos, o pai do poeta Bernardino Graña. Foi él quen de neno inoculou en min este interese. É unha persoa moi importante na miña vida. Recordo cando eramos nenos e un dibuxaba nas losas da rúa Galeri os barcos de vapor. Facía o detalle e ocupaba toda a rúa. Daquela iba moito pola ribeira e coñecía os barcos con todo detalle.

-Loitou polo recoñecemento da obra de Félix Soage, pola recperación da Capela do Hospital, fixo maquetas de casi todo o importante de Cangas. En que proxecto anda metido agora o cal é a materia pendente que lle queda?

-Pois gustaríame que se fixeran un esforzo para recuperar a plaza de Síngulis tan e como foi concebida. É unha vergoña que siga así. É certo que son casas privadas, pero o Concello de Cangas debería facer un esforzo cos propietarios para cambiar radicalmente a situación na que se atopa. También habería que recuperar a fonte da plaza do Sinal.

Compartir el artículo

stats