Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"A gaita forma parte da miña personalidade, da miña vida"

"A gaita forma parte da miña personalidade, da miña vida"

Traballou na construción, tres anos nos mares de Terranova, voltou á construción e prexubilouse na Piscifactoría do Morrazo, en Nerga, onde traballou os últimos 28 anos. Pero do que Anxo Gago "Lito", natural de Pinténs, en O Hío, non pode xubilarse os seus 64 anos, é da gaita, un instrumento ao que chegou un día que de neno estaba enfermo. Alí estaba, él na cama e a gaita do seu pai gardada encima do armario., fronte a fronte. Estirou o brazo, a tocou e xa nunca máis deixou de facelo. Primeiro como autodidacta. Daba clases ós nenos do colexio do Hío e con 40 anos matriculouse no Conservatorio de Vigo para ensinar máis.Fundou a Banda Manxadoira de Bueu, ensinó gaita en Cela e foi gaiteiro durante 33 anos na danza de San Roque do Hío. Hoxe segue tocando con duas agrupacións de veteranos da sua parroquia "Os do Xerán" e "Eche o que hai". Gago non poderá estar hoxe na entrega do premio por encontrarse de viaxe pero o recolle o seu fillo.

-Que idade tiña cando empezou a tocar a gaita?

-Sobre 10-11 anos.

-Empezou de forma autodidacta.

-Sí. Cando fui a Mili estive na banda de Gaitas, Cornetas e Tambores no Cuartel de Instrución en Ferrol.

-Recorda algunha actuación coa Banda de Cornetas?

-Temos actuado nas procesións de Semana Santa en Ferrol. Para min foi algo importante.Despois da Mili fui ó mar e levei a gaita a Terranova (él forma parte dos protagonistas do documental "Os gaiteiros do mar" en honor a esos homes, mariñerios de altura, unidos pola música).

-Como recorda aquelos anos en Terranova.

-Era duro pola climatoloxía e levei a gaita en medio da roupa de traballo.Os marineros tocábamos. Recordo que chegamos a tocar nunha discoteca.Temos unha historia grabada moi interesante a raíz do lubro de Xurxo Souto "O mar de Irlanda"

-En Manxadoira estivo hasta 2007.

-Foi unha experiencia moi bonita, moi completa proque non eran os rapaces tan epquenos como en O Hío. Era xente máis maior, participamos na Liga Galega de Bandas de Gaita, fumos a Lourient, en Francia, e recorremos case toda España. Teño un recordo moi bonito.

-Que é a gaita para ustede?

-Levo tantos anos con ela que forma parte da miña personalidade, da miña vida. Se desligo a gaita, desligo parte da miña vida, da miña forma de vivir, da xente que me coñece.

-Da gaita é imposible xubilarse.

-Cando me xubile da gaita é que xa non podo facer nada.

Compartir el artículo

stats