Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un "moañés" na Feira do Libro de Bos Aires

O productor Xan Leira presenta na capital arxentina tres películas sobre emigrantes que defenderon o galego

Xan Leira co traballo previo para os paneis da exposición sobre Castelao. // Santos Álvarez

Francisco Gil (Forcarei 1915-Bos Aires 1997) ten unha historia moi peculiar que Xan Leira supo atrapar no seu documental "Francisco Gil:libreiro maior de Buenos Aires". Estrenarase na Feira Internacional do Libro de Bos Aires e permitirá que o mozo emigrante que chegou a recibir na súa madurez o premio "Librero Mayor de Buenos Aires" retorne pola porta grande a unha feira que naceu da súa iniciativa coa "Primaveira das Letras". Natural de Arxentina, de pais oriundos de Vigo, pero moañés de adopción desde fai 20 anos, Leira ten nesta localidade morracense a súa productora Acuarela Comunicación, coa que traballa na recuperación de figuras da emigración e do exilio galego na defensa e dinamización da lingua e culturas galegas en Bos Aires.

Conta deste emigrante de Forcarei que terminó sendo unha das personalidades máis destacadas do ambiente literario de Arxentina de mediados do século XX. Estivo ao fronte da Librería e editorial El Ateneo, que naquelas épocas era a máis grande do mundo: "Empezou a traballar de mozo dos recados e rematóu sendo o xefe da sección de literatura e o consultor e asesor literario de moitos dos maiores escritores de Arxentina como Borges, Sábato o Mújica. Fixo escola da aventura emigratoria e da súa experiencia na librería e foi innovador no mercado editorial arxentino porque creou iniciativas como a "primaveira das letras"no ano 1964. Cando chegaba a primaveira tomou a decisión de sacar os libros a rúa". "El Ateneo" estaba e está na emblemática rúa Florida, fronte ao xornal "La Nación", e Francisco Gil invitaba as editoriais, escritores e pintores" e todos eles interactuaban co público. Fixo intervencións de libros, deu a escribir e ilustrar a todos os escritores que pasaban pola editorial. Mantivo estas primaveiras durante catro anos que converteuse despois na Feira Internacional do Libro de Bos Aires", tal e como mostra no seu traballo Xan Leira.

O documental sobre Gil e o último traballo de Leira, que estrenará na Feira do Libro de Bos Aires, como parte de algo máis global para demostrar as achegas dos emigrantes e dos exiliados á cultura e a industria editorial arxentina do século XX: "Co exilio galego e español a industria editorial arxentina se moderniza e convértse nesa gran industrial que foi ata os anos 70. "

O productor tamén presentará outro documental estreado neste último Festival de Cine de Ourense, sobre o arxentino, fillo de galegos, Francisco Luís Bernárdez baixo o título de " Francisco Luís Bernárdez. Un discurso porteño encol do idioma galego". Escritor e diplomático e cuñado de Cortázar, vense a vivir a Galicia e traballa inclusive na redacción de FARO DE VIGO. Durante os anos vinte desenvolve unha inxente actividade literaria, xornalística e política porque participa ao lado da Xeneración Nós, de todas as actividades sociopolíticas e culturais que se desenvolvían. Retorna á Arxentina e convértese nunha das figuras máis salientables da literatua arxentina. Escribe un texto en galego no ano 64 cando se reúne en Montevideo a Unesco e os galeguistas no exilio fan unha denuncia contra o goberno de Franco en tanto en canto ese goberno reprime o uso libre da lengua galega en Galicia: "A particularidade deste home, de grande prestixio, foi o seu constante compromiso co seu pasado, coa sua lingua".

O documental que tamén presenta "Os xogos florais do idioma galego", que produxo no 2007, e unha iniciativa que deixa plantexada Castelao antes de morrer e que organizou a emigración na cidada da Plata o 31 de agosto de 1968.Foi un congreso internacional de escritores e políticos galegos que se reuniron en Bos Aires para promover a lingua galega na emigración. Neses xogos florais se amosó a capacidade económica e cultural da colectividade galega de Bos Aires e queda reflectivo nas cuantías dos premios literarios deses Xogos Florais que gañaron Manuel María, Celso Emilio Ferreiro e Xosé Sesto López.

Compartir el artículo

stats