O Var con Uve de Moaña celebra mañá o Entroido cun baile de curruvellos. Será a partir das 22.30 horas e estará amenizado polo dúo Verde Menta. A festa incluirá un menú a base de sopa de cocido, cocido galego, orellas e filloas, amáis de premios para os curruvellos máis orixinais.