Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Malicias do crego denunciadas ao arcebispo compostelán

Sobre a afección do reitor polos preitos, na sección de visitas pastorais do Arquivo Diocesano de Santiago, gárdase unha denuncia emitida o 1 de xullo de 1791 polo párroco de Maurente, D. Fernando de Mestas quen, despois de salientar a súa malicia, faille saber ao arcebispo compostelán, a quen representaba, o seguinte: "Por otra parte todos quasi los feligreses le aborrecen, pues efectivamente los aniquila con pleitos sin que se verifique que los pobres tengan arbitrio más para libertarse de ellos que el dejarle pasar con lo que guste. No pude sin dolor oír las voces de algunos que me decían que si estuvieran cerca los moros se pasaban a ellos por verse libres de tales persecuciones. En la realidad este señor no es pastor para sus ovejas según con ellas procede, y tiene modo para aparentar su inocencia, porque en estos tiempos no falta quien declare lo injusto, como lo justo". No segundo libro de fábrica da igrexa de San Martiño, depositado no antedito Arquivo, constátase que na data do 26 de febreiro do ano 1800 outro representante do arcebispo de Santiago imponlle unha multa de 275 reais, equivalente ao salario mensual dun artesán da época.

A única pegada coñecida que deixou este conflitivo párroco no templo de San Martiño de Moaña foi a do seu nome gravado na embocadura da cruz parroquial de prata que mercou no ano 1775 con diñeiro procedente dos moañeses.

Compartir el artículo

stats