A carballeira de San Amaro, na parroquia canguesa de Aldán, acolle mañá a festa na honra ao santo que lle dá nome cun programa que combina as actividades relixiosas e lúdicas. Desde primeiras horas da mañá haberá unha charanga animando as rúas, e na capela as misas serán ás 10, 11 e 12 da mañá. A solemne comezará á unha da tarde, seguida de procesión polo adro e a tradicional queima de monecos.

Ademais de poder disfrutar dos viños e tapas nos chiringos, a comisión de festas ten preparado para desde as cinco e media da tarde a celebración de xogos populares no adro, donde ás seis e media haberá gaitas e baile co grupo "Recordos da nosa terra", de Bueu. E desde as oito, verbena nocturna baixo a carpa coas orquestras Capitol e Abanico.