Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Martín Villanueva: "Que Medio Ambiente diga que o PXOM é viable quere dicir que se fixeron ben as cousas"

O Concello acaba de recibir o informe da Xunta para a aprobación provisional do plan

Martín Villanueva, onte no Concello. // Santos Álvarez

Leva traballando na elaboración da nova fase do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Bueu, como edil de Urbanismo, dende 2007, aínda que os primeiros pasos xa os dera o Concello en 1999. Acaba de recibir a resolución da Consellería de Medio Ambiente que declara ambientalmente viable o PXOM, cunhas determinacións que deben incorporar, nunha situación que despexa o camiño hacia a aprobación provisional e a definitiva. Ob obxetivo está en tener rematado todo o proceso este verán,

-Que supón para ustede esta último resolución de Medio Ambiente?

-Supón un trámite mais, vinculante por Lei (LOUGA). Trámite obrigatorio e previo a aprobación provisional. Supón ao mesmo tempo ver xa mais próxima a ansiada aprobación provisional logo dun sin fin de informes sectoriais, de dar resposta a todos eses informes provintes de un montón de organismos da xunta e tamén do Estado. Supón tamén certa tranquilidade saber que Medio Ambiente ve viable ambientalmente o noso plan, o cal quere dicir que nese aspecto se fixeron as cousas ben e podemos avanzar con garantía.

-A memoria ambiental establece algunhas correccións. Preocupalle algunha?

-A memoria fai un repaso polo documento pero tamén sobre a opinión dos organismos que teñen incidencia medioambientalmente no plan. Planificar en Galicia semella sempre complicado, pola riqueza medioambiental do noso país, polo que asumimos aceptables e normales esas cautelas, que sirven para fixar un pouco mais a atención en algún dos desenvolvementos. Todas as cautelas que saen na memoria ambiental as entendemos dentro do esperado e fan referencia a ámbitos moi concretos e de relativa e pequena importancia no que é o conxunto de todo o Plan, e que incluso veñen a redundar nas cautelas que o plan xa incorpora.

-O PXOM establece unha capacidade residencial para o ano 2031 de 3.216 novas vivendas. Tal e como está a situación, é unha cifra moi optimista para Bueu?

-Nunca se saben cales van a ser as dinámicas nos próximos anos logodestes últimos de resaca post burbulla inmobiliaria, que sen dúbida teñen que supor un punto de inflexión no marco global do urbanismo. De todolos xeitos a nosa proposta é moi modesta si botamos o ollo a outros planeamentos, e sobre todo si o facemos coa referencia duns anos atrás. Nos apostamos pola riqueza medioambiental do noso entorno, no noso patrimonio, no noso rural e no desenvolvemento industrial, que convirten ao noso concello nun concello atractivo e de oportunidades como se ven demostrando na última década.

-Cal debería de ser a principal actuación urbanística en Bueu?

-Posiblemente o desenvolvemento dalgunha unidade de actuación de solo urbano non consolidado que aparecen no Plan, ou unha seguinte fase de Lagoas ou do solo urbanizable que permitira prolongar o vial que xa parte do porto hacia a carretera de Cangas. Este é un vial estruturante e que vai cambiar a percepción do tráfico no casco urban. E evidentemente o solo industrial, do que temos que facer un gran esforzo. Si facemos un parque o suficientemente dinámico podremos crear oportunidades de implantación de todo tipo de empresas que sirvan para fixar e crear poboación non só en Bueu senon tamén na comarca.

-O documento establece tres plans especiais para a protección dof rente marítimo de Praia de Beluso-Vila de Bueu, entorno costeiro de Agrelo e protección do borde fluvial do río Frade ¿en qué consisten?

-Non deixan de ser instrumentos dos que se arma o Plan para si fora necesario ordenar estos ámbitos dun xeito mais acaido as súas realidades e a súa importancia na imaxe do noso concello.

-Cales serán os seguintes pasos na tramitación del PXOM?

-Primeiro reunir a comisión de seguimento co equipo redactor. Nos últimos meses toda a acción se limitou a esperar á chegada dun informe de Patrimonio que non daba visto a luz (logo de dos anos) e a esta memoria ambiental. Agora toca facer resumen do traballo feito, onde estamos, os avances sobre o documento de Aprobación Inicial logo dos informes sectoriais e as alegacións veciñais e cales van ser os pasos inmediatos. Logo de esto preparar o documento de aprobación provisional, que irá ao pleno e a resolución oficial das alegacións nese pleno, documento que se levará a xunta para a súa aprobación definitiva. A partir de ahí esperar o pronunciamento.

-Cree que pode haber solución á desfeita cando se soterró o río Bispo o seu paso polo casco urbano? Poderá recuperarse?

-Si e non. As solucións non son tanto de competencia municipal, e seguramente sexa irreversible que volva a pasar aberto polo casco urbano. Deberán ser os organismos con competencia os que asumiran e lexislaran para recuperar esos cauces, dando alternativa as realidades construidas. Pero si, o Plan incide tamén sobre o río, planificando un gran parque urbano en torno ao recorrido do rio Bispo nas Lagoas, futuro ensanche urbano, onde se poderán asumir accións que axuden a evitar o que a veces sucede augas abaixo, protexendo e ampliando o cauce, incluso con medidas como algúnha lagoa interior que sirva como tanque de tormenta.

Compartir el artículo

stats