Os gregos e os romanos eran moi dados ao consumo das ostras que ocupaban un lugar importante nos seus banquetes. Neste sentido asegúrase que o emperador Vitelio chegou a comer mil nunha soa sentada.

A influencia das ostras na política tamén é milenaria pois en Atenas votaban escribindo na cuncha deste molusco o nome do político que querían apartar do goberno. O que tiña mais votos era condenado a 100 años de desterro, de onde deriva a definición de ostracismo.

As ostras sempre se consideraron como un excelente emenagogo que favorece a menstruación y quizais por iso se mitificaron como un potente afrodisíaco. Contan que Giacomo Casanova se recuperaba con elas dos seus excesos amorosos e que os gregos comían po de cuncha de ostras nos momentos de declive sexual. Neste sentido e hai escaso tempo, falouse do éxito dun sexaxenario australiano, George May, cultivador de ostras, que as alimenta a base de Viagra con excelentes resultados. A dia de hoxe xa produciu 10.000 moluscos con este afrodisiaco alimento e en internet recibiu 150 millóns de visitas.

En Galicia, seguindo as crenzas populares referentes a algúns mariscos, rexéitase a sua inxesta nos meses que non teñan R e por iso se consumen preferentemente de setembro a maio. A época do Nadal como cadra na metade deste ciclo é considerada a mellor para o seu consumo.

Alvaro Cunqueiro, con monumento na localidade, foi un grande consumidor e divulgador das excelencias das ostras, aseverando que "unha mariscada que se precie, debe empezar sempre cunhas boas ostras pois son "un manxar esencial cun sabor espiritual que é como una saudade de mar".

O poder de depuración das ostras é constatable pois se se colocan cun acuario caseiro, ás poucas horas a auga aparece limpa. Apesar disto, queda claro que a contaminación das Rias é xa desde hai tempo, máis poderosa que o poder depurativo das ostras.