27 de abril de 2014
27.04.2014

Una americana en Cangas no 1924 (I)

Ruth Matilda Anderson fotografiou a vila para un traballo para a The Hispanic Society of América

27.04.2014 | 01:45
Nas suas fotos reflectiu o traballo duro das mulleres.

Longos e ilustrativos da realidade da época do comezos do século XX, son os relatos que a fotógrafa norteamericana Ruth Matilda Anderson nos legou da súa visita á nosa vila de Cangas. Nacida en Nebraska, era filla de Alfred Anderson, empresario do tendido do ferrocarril e moi afeccionado á fotografía. Xunto cunha amiga, acompañou á sua filla no seu primeiro percorrido fotográfico por Galicia. Apaixoada da fotografía, aceptou a oferta do presidente da The Hispanic Society of America de facer un periplo fotográfico por España que iniciaría no 1924 e que a levou a Cangas.

É facilmente deducible que alá nos comezos do século XX non era doado achegarse a Cangas e de aí a importancia e o interese sociolóxico dos relatos que nos deixaron personaxes como Fialho de Almeida. Unhas veces son extensos e ilustrativos e outras, simples e escuetos como o que nos legou Manuel Azaña que pisou Cangas no ano 1918 con motivo de exercer nun tribunal de oposicións en Vigo. - dicimos pisou, porque o que máis tarde sería presidente da II República, apenas deu unha volta pola nosa vila que resumiu deste xeito nas suas notas: Cangas é un "puertecillo" de pesca. Sobre o terreo vense plantacións de millo, patacas, viñas en parral, pequenos bosques de piñeiros e mulleres e nenos limpando as leiras... - nun outeiro, unha ermida.

Máis longos e ilustrativos da realidade da época, son os relatos que a fotógrafa norteamericana Ruth M. Anderson nos legou da sua visita á nosa vila. Esta fotógrafa, hoxe coñecida e recoñecida, naceu en Nebraska (USA) e era filla de Alfred T. Anderson, empresario do tendido do ferrocarril e moi afeccionado á fotografía quen, xunto cunha amiga, acom-pañaron á sua filla no seu primeiro percorrido fotográfico por Galicia. Ruth estudara para exercer de mestra, mais a sua paixón pola fotografía levouna a estudar esta disciplina e despois aceptar a oferta de Archer Milton Huntington, presidente da The Hispanic Society of America de facer un periplo fotográfico por España que iniciaría en 1924. Entre este ano e o 1926, percorrerían boa parte da xeografía galega nun Ford alugado, retratando con incríble ta-lento plástico -pese aos atrancos técnicos e ambientais- aquela Galicia de redeiras, de pescantinas, de feiras, de cativos descalzos, de mulleres fatigadas e envellecidas con enormes fardos na cabeza, camiñando a pé interminables quilómetros entre pobo e pobo. Apesar de ter como obxectivo principal o retrato social e etnográfico da Galicia da época, apenas coñecemos tres fotografías de Ruth Matilda Anderson tiradas no Morrazo: unha de Cangas ao baixar do vapor e outras duas dunha carpintería de ribeira en Domaio. Mais, paradoxalmente, a fotógrafa habíanos deixar uns interesantes relatos nos que subxace o afán indagatorio, recollidos na sua chegada a Cangas en setembro do 1924.

Cando Anderson arriba a Cangas, a Ditadura de Primo de Rivera xa levaba un ano de andadura e o seu férreo control das actividades laborais e lúdicas notábase moito na relativa tranquilidade social existente. Pedro Rodríguez Pérez era o alcalde designado polo Directorio, segundo rexidor desta etapa de réxime monárquico-militar.

De Vigo a Cangas

O relato que nos deixou a americana Ruth Matilda Anderson foi escrito anos despois da sua visita cando a Hispanic Society decidiu publicar as fotos. Apesar de non ser literata, preséntanos un texto vivaz e descritivo cunha gran aportación sociolóxica sobre o ser e vivir das xentes nesta época: "Desde a nosa galería de Vigo (hotel) non podiamos ver Cangas por mor dos tellados pero xa no ma-lecón, esta aparecía coma un trazo branco entre o esmeralda e augamariña da ria; a tardiña era como un fío de puntiños amarelos que pestanexaban por enriba do lapislázuli...

Para irmos a Cangas tiñamos que coller o vapor desde o Berbés. No peirao ian e viñan mariñeiros cos pés descalzos, pantalóns de pana e camisas de todas as cores posibles. Había un veleiro do Grove, da ría de Arousa, que tiña aferrada unha vela latina e o casco en tingladillo e media cuberta. Na popa aberta, colgaba unha rede redonda e marrón sostida por uns tirantes agarrados do mastro e descansaba por riba de duas esguellas sobre a borda. Tiña un par de remos grandes armados a cada banda, e unha pequena vela a popa. A proa era moi lanzada mentres que a popa caía case a rentes da auga. Pola sua eslora, duns cinco metros e medio, decidimos que tiña que ser unha dorna, embarcación típica das Rías Baixas...

(*) Mestre de Cangas

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine