08 de enero de 2014
08.01.2014
40 Años

A cita ineludible do teatro galego

A asociación cultural Entre Bambalinas presentou un novo número da Revista Galega de Teatro, que adica un amplo espazo ao microteatro

08.01.2014 | 02:15
O acto de presentación do novo número da RGT no Auditorio de Cangas a finais de ano. // Gonzalo Núñez

A Revista Galega de Teatro (RGT) leva xa 76 números públicados. O último acaba de saír da imprenta, o correspondente a este outono que vén de acabar, e foi presentado este fin de semana no Auditorio de Cangas. A RGT continúa fiel coa súa cita trimestral para informar, reflexionar e difundir todo o relativo ás artes escénicas.

Un dos fenómenos teatrais dos últimos tempos é o microteatro e a esta fórmula adícaselle gran espazo neste novo número. Daniel Currás aporta "O microteatro", María Salgueiro "O microteatro por casa" e Antón Coucheiro "A Regadeira de Adela" (Microcasa de Artes en Santiago de Compostela). Pero amáis inclúense ata 20 pezas de microteatro escritas por diferentes dramaturgos e dramaturgas de Galicia: Vanesa Sotelo, Santiago Cortegoso, Xosé Manuel Pazos, Daniel Currás, Pedro Pablo Riobó ou María Armesto, entre outros.

O número 76 da RGT conta tamén con entrevistas ao director Claudio Tolcachir e ao presidente da Asociación de Amigos do Teatro de Ciudad Rodrigo, Javier de Prado. Tamén hai artigos titulados "En Madrid: un novo ciclo de salas pequenas" de José Enríquez e "Naceu o microteatro en Buenos Aires? por Mighello Blanco.

O autor e dramaturgo Roberto Vidal Bolaño é protagonista de dous dos artigos que se inclúen neste número. Un está relacionado coa publicación dun libro titulado "Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro", escrito por Roberto Pascual e sobre o cal fai unha reseña Xosé Manuel Pazos, e o outro é unha achega de Antón Lamapereira titulada "Vidal Bolaño e o movemento independentista".

A RGT correspondente ao último trimestre de 2013 tamén inclúe críticas sobre os últimos festivais teatrais en Avignon, Castela-León e Almada e sobre os espectáculos "Lucía de Lamermoor",no Festival de Ópera de A Coruña; "Matanza" de Triateros; e "Staying alive" de Matariel.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook


Comeza un ano máis o Concurso Illas Cíes no que os nenos e nenas de Vigo nos contan como ven eles as Illas Cíes

FaroEduca