02 de noviembre de 2013
02.11.2013

"Os conflictos son bos para a creación, pero con esta crise hai unha sobredose"

A compañía Fulano, Mengano e Citano presenta hoxe no Auditorio "Viva a crise!!"

02.11.2013 | 01:40
Os tres integrantes de Fulano, Mengano e Citano nunha representación de "Viva a crise!!".

manuel pombal - Actor teatral

Suso Pando, Marcos Alonso e Manuel Pombal. Ao mellor así os seus nomes non resultan coñecidos, pero se os cambiamos por Fulano, Mengano e Citano a cousa xa cambia. A recoñecida compañía teatral retorna esta noite a Cangas para traer de novo o seu humor coa obra "Viva a crise!!". Será no Auditorio a partir das 21.00 horas e as entradas poden mercarse a partir das 19.00 horas na propia billeteira ao prezo de 5 euros.

-"Viva a crise!!". Non será unha obra de teatro sobre a crise económica?

-(Risos) Sempre soemos facer obras sobre temas de actualidade e cercanos aos que lle damos ese formato de extraordinario para o espectáculo. O caso é que cando hai males na sociedade, como esta crise, é bo para a creación porque hai conflictos e motivos para a historias. Desgraciadamente hai demasiados conflictos e historias con este tema da crise.

- Sen desvelar o contido da obra, pode avanzar algo sobre as historias que lles sirven para facer esta sátira da crise?

-Tocamos un pouco de todo, son temas xerais e que nos afectan a todos. Un exemplo, o mundo dos impostos. Aparece unha personaxe que é fumador, bebe habitualmente, ten coche... Unha serie de cousas que son perxudiciais, pero é de onde se sacan os maiores impostos. Tamén está o mundo da política, pero con brasa para todos. Temos unha escena que é unha especie de reunión privada entre tres políticos: un do mundo do nacionalismo, outro do suposto socialismo e o terceiro da dereita. Sirve para unha situación triste e hilarante.

-Teño a impresión de que a esta obra vaille perfectamente ese frase tan recurrente de "baseada en feitos reais".

-Si que está basada en feitos reais (risos). Aínda que nós sempre procuramos darlle a linguaxe do humor, que é a nosa vía de comunicación, e presentar eses feitos reais a través do extraordinario e espectacular.

-Desgraciadamente esta crise e as súas consecuencias darían para moitas obras?

-Imos morrer todos de sobredose de conflictos! A chuvia que cae é tan abundante e tan frecuente que a maior parte dos temas xa non podemos incluilos. Hai cousas que se tocan en comentarios de personaxes e faría falla unha triloxía completa para abordar todos os conflictos que hai neste momento. É unha esaxeración.

-Polo escenario aparecen políticos, banqueiros, especuladores, salvapatrias... Non tiveron á tentación de pasarse a esoutro lado, digamos, escuro?

-Nós quedamos no lado que nos corresponde; somos sufridores dos pesos que nos caen enriba e que forman a aristocracia actual. Hoxe esa aristocracia está formada polos grandes empresarios, que non os pequenos, que ao igual que os traballadores son unha vítima máis, os banqueiros, a igrexa... Todos estes grandes pesos son os que están no lado escuro e protéxense entre eles porque o poder unifica.

-Como está sendo a acollida desta sátira por parte do público?

-Está mal que o diga eu, pero como non está a miña avoa direi que está sendo moi boa (risos) A xente sae eufórica, nos felicita e dalgún xeito se recoñece nas personaxes que forma parte da obra: o parado, o que sufriu a hipocresía e o timo das hipotecas...

-Está claro que aínda coa que está caendo hai necesidade de rir.

-Mentras exista humor nada está perdido. Está claro que a crise non se acaba co humor, pero axuda á superala e ademais é terapéutico. A unha mesma idea podes chegar a través do humor ou chorando, co drama. Pero co humor a historia chega mellor.

-Algunha vez en lugar dun espectador foi alguén desa nova aristocracia quen se lles achegou ao final da obra.

-Nos temos unha clave que é manter a elegancia: procurar dicir cousas pero sen lanzar pedras, senón deixalas caer. Sen ser agresivo ou faltón, porque iso crea o efecto contrario: o caracol recóllese e non te escoita. Hai que ter gusto e elegancia. Iso fai que moitas veces estemos en concellos de moi diferentes cores, pero que sempre teñamos as portas abertas a pesar de dar moita brasa.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .