Os ritmos de Outra vaca no millo e Milladoiro trasladaron a Moaña a unha esfera particular de folc e tradición. Tanto as xóvenes promesas coma a agrupación consagrada conseguiron un bo resultado na primeira xornada do Intercéltico marcada polas elevadas temperaturas e as intensas vibracións do pasado, pero tamén por un cheo de público.

O grupo cangués seleccionado no concurso foi o encargado de abrir o telón deste festival referente na comarca. A pesares da súa curta traxectoria, os músicos lograron conquistar aos primeiros espectadores cuns ritmos que mesturaron melodías de diferentes partes do mundo. Despois da brillante actuación, apareceron en escena os compoñentes do renombrado Milladoiro, un grupo referente dentro da cultura galega.. Tal e como esperaba a organización, o regreso das melodías de Milladoiro e a xuventude de Outra vaca no millo aportaron unha boa dosis de ritmo á apertura do Intercéltico.

Feira artesanal

A pesares do intenso calor, centos de personas se achegaron ao entorno do paseo marítimo para contemplar a enorme variedade de productos artesanais disponibles nos preto de vinte postos. Grandes e pequenos poideron disfrutar dunha ampla oferta de obxectos de cerámica, plata e outras xoias da tradición artesanal. Os postos rexistraron un importante número de usuarios nas horas próximas ao mediodía, aínda que pola noitiña tamén se achegaron varios curiosos ata a zona.

A gastronomía tamén esta presente nesta destacada feira, na que se ofreceron receitas moi arraigadas á tradición galega.