A Concellería de Cultura de Bueu continúa hoxe cos actos con motivo das Letras Galegas. Ás 20.30 horas estará no Centro Social do Mar Montse Pena, autora de "Un chapeu negro e un nariz de pallaso", unha biografía sobre Roberto Vidal Bolaño. Será unha charla con proxección audiovisual e o público recibirá ao final do acto un exemplar da biografía.