A décima edición do Certame de Microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña xa ten gañador. Trátase de Antonio Manuel Fraga Allegue, que se fixo co primeiro premio cun texto titulado "Retrato da sombra dun can". O xurado tamén acordou entregar un accésit, que nesta ocasión foi para Suso Bahamonde, que presentou a concurso un relato titulado "1985,verán".

O xurado desta edición estivo formado por Xurxo Avendaño e as poetisas María Lado e Lucía Aldao, que tiveron que escoller aos premiados entre máis de medio cento de microrrelatos chegados dende toda Galicia. O premio para o gañador consistirá na entrega dun lote de conservas da ría e a gala de entrega terá lugar ao longo do mes de xaneiro. As bases do concurso establecen que os textos non podían execeder das quince liñas e este ano era obrigatorio incluir a palabra "chalana".