A creación dun banco de libros municipal e dun programa de reutilización de libros de texto cara ao vindeiro curso escolar -propostos pola federación de ANPA A Gameliña- son dous dos asuntos incluidos na orde do día do pleno do Consello Escolar Municipal que se celebrará mañá ás oito da tarde na Casa da Xuventude. Na axenda inclúese un informe sobre o inicio dos comedores escolares e as axudas económicas para as familias con menos recursos, un informe- proposta sobre as obras a realizar nos centros escolares con carácter prioritario durante o ano 2013, e unha proposta de actividades de Nadal da Concellería de Cultura e Educación, que dirixe o edil José Luis Gestido.