A finais do ano 1929 e despois de case cincuenta anos servindo en distintos "postos" inauguraríase o novo cuartel da Garda Civil de Cangas no recheo de Ojea (onde hoxe está o concello). Sería esta, unha das últimas obras de importancia que se realizaron en Cangas durante a ditadura do xeneral Primo de Rivera. O comandante do posto era o cabo Manuel Latorre, sendo sete os números da plantilla. Cangas contaba cuns 13.000 habitantes e a corporación municipal (moi inestables nestae periodo) estaba presidida por Luis Bolívar Massó como alcalde accidental. Outros membros eran Daniel Eiroa, F. Fernández Cervera, Rafael González, Eduardo G. Camiña, Indalecio García, A. Pellín, José Lago, F. Eiroa... case todos eles nomeados pola sua boa posición social e adeptos a UMN (Unión Monárquica Nacional). O movemento societario e os partidos políticos teñen escasa actividade e poténcianse os pósitos de pescadores. O proceso de redención de foros colapsa as oficinas do concello e a sardiña e as conserveiras pasan por un bo momento: Cangas é base dunha gran flota de vapores, motoras e embarcacións menores. Os numerosos carros de bois que se adicaban ao transporte de aparellos e mercadorías apenas subsisten xa, sustituídos agora por camións. Había pouco que se inaugurara o centro telefónico (no cuartel non habería teléfono ata o 1933), a electricidade da Ulla Blanca sufría constantes cortes e Cangas disfrutaba das doacións de Félix Soage e da banda de música dirixida polo mestre Carballo. Ainda que, menos disfrute tiñan os numerosos afectos ao cinema, pois eran bastantes as películas censuradas polas autoridades. Tamén o Alondras inauguraba campo en San Roque e o Cerqueiro a ruta Bueu - Cangas por Aldán. A confraría da Misericordia organiza os coros de San Xosé, Nadal e Reis e a Liga do Comercio (comerciantes e armadores) é a que se fai cargo das festas do Cristo. A visita do French Circus á vila serve de contrapunto festivo aos terribles efectos da crise provocada polo "crack" da bolsa de Nova Iorque. A Ditadura tamén entraría en crise coa demisión de Primo de Rivera e daría pé a chegada da II República.

Velar polo cumprimento das Leis e disposicións xerais executando as ordes que reciba das autoridades competentes, no ámbito da súa competencia. Tamén auxiliar e protexer ás persoas e asegurar a conservación e custodia dos bens que se atopen en situación de perigo por calquera causa; vixiar e protexer os edificios e instalacións públicas que o requiran. Tamén velar pola protección e seguridade de altas personalidades a manter e restablecer, no seu caso, a orde e a seguridade cidadá ou previr a comisión de actos delituosos.

Na relación, figura investigar os delitos para descubrir e deter aos presuntos culpables, elaborando os informes técnicos e periciais necesarios.

Captar, recibir e analizar cantos datos teñan interese para a orde e a seguridade cidadá.

Colaborar cos Servizos de Protección Civil nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidade pública.

De acordo co disposto na Lei Orgánica 2/1986, de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade, a Garda Civil exerce estas funcións, coñecidas desde sempre como servizo peculiar do Corpo, no territorio que non corresponda á Policía Nacional, así como no mar territorial e dedica a iso un total de 46.000 axentes, o que supón practicamente o 62% de todo o seu persoal. Ademáis de acordo coa mesma lei exerce con caracter exclusivo as seguintes competencias:

As derivadas da lexislación vixente sobre armas e explosivos e o Resgardo Fiscal do Estado e as actuacións encamiñadas a evitar e perseguir o contrabando.

A vixilancia do tráfico, tránsito e transporte nas vías públicas interurbanas. Actualmente foron transferidas estas competencias nas Comunidades Autónomas de Cataluña e País Vasco. Na Comunidade Foral de Navarra é compartida coa Policía Foral. A custodia de vías de comunicación terrestre, costas, fronteiras, portos e aeroportos, e centros e instalacións que polo seu interese o requiran.

Velar polo cumprimento das disposicións que tendan á conservación da natureza e medio ambiente, dos recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal e de calquera outra índole relacionada coa natureza e a condución interurbana de presos e detidos e aqueloutras que lle atribúa a lexislación vixente.