28 de septiembre de 2012
28.09.2012

Mera reivindica a figura de Bernardino Graña no día do seu 80 aniversario

O autor presentou onte a biografía de Graña, resultado da readaptación da súa tese doutoral

28.09.2012 | 02:00
Héitor Mera presentou onte na libraría-café Rinoceronte a obra Bernardino, mariñeiro do verbo. // G. Núñez

"Esta obra é unha reivindicación á figura de Bernardino". Deste xeito definía Héitor Mera o seu traballo Bernardino, mariñeiro do verbo, unha readaptación da súa tese doutoral que se presentou onte nun acto que tivo lugar na libraría-café Rinoceronte.

No libro, publicado pola editorial canguesa Morgante, o autor analiza a vida e obra de Graña, "un dos autores máis importantes tanto para Cangas coma para Galicia pero do que non hai moito escrito", afirma, feito polo que a súa pretende ser "una obra de referencia".

O acto coincide coa celebración do 80 aniversario de Bernardino, que se atopa en A Coruña. O discurso creativo de Graña, característico polos ataques ao capital e polo que algúns o cualificaban de tolo, vese actualizado coas circunstancias actuais, feito polo que o autor se converteu na actualidade en todo "un sabio", sentencia Mera.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Te invitamos a asistir al concierto de Dani Flaco este viernres, 15 de noviembre, en la sala La Fábrica de Chocolate en Vigo . Sorteamos 10 premios de 2 entradas.

Comeza un ano máis o Concurso Illas Cíes no que os nenos e nenas de Vigo nos contan como ven eles as Illas Cíes

FaroEduca