15 de mayo de 2012
15.05.2012

A santiaguesa Berta Dávila se adxudica o Premio de Poesía Johán Carballeira

O xurado destacou a "a sensibilidade que amosa o poemario en conxunto, a mensaxe e o ton"

15.05.2012 | 10:04

A santiaguesa Berta Dávila Fernández foi elixida gañadora da decimoquinta edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, que se fallou onte trala deliberación dun xurado composto por Carlos Solla, Alfonso Láuzara e Héitor Mera, e no que actuou coma secretario o técnico Xabier Framil.
A resolución do xurado foi unánime, e se xustificou pola "mensaxe, o ton, a boa estruturación e en definitiva a sensibilidade que amosa o poemario no seu conxunto". Asimesmo, destacou especialmente o feito de atoparse diante dun poemario "limpo de artificio, carente de adobíos innecesarios".
Berta Dávila Fernández é unha xove aínda que prolífica escritora, que xa ten publicadas dúas obras de poesía (Corpo baleiro e Dentro), así como outras tantas en narrativa (Bailarei sobre a túa tumba e A arte do fracaso).

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook