21 de abril de 2011
21.04.2011
ÚLTIMA HORA
Dos desaparecidos y un rescatado en un kayak en Porto do Son

A metamorfose do último dragón galego

A xornalista Elena Gallego Abad presenta a segunda entrega da triloxía "Dragal"

21.04.2011 | 02:52
Elena Gallego, onte, coa súa obra na biblioteca municipal de Cangas. // Gonzalo Núñez

"Coa policía investigando o estraño roubo da igrexa de San Pedro, Mónica prepárase para acudir á súa cita na Poza da Moura. A moza non sabe aínda que a noticia da desaparición de Hadrián corre pola vila coma un regueiro de pólvora nin que alguén vixía de preto os seus pasos...".

Ao rematar de escribir o primeiro libro, a Elena Gallego quedáballe a historia incompleta, moitas interrogantes sen contestar e outras que habería que abrir para darlle resposta na terceira parte desta triloxía que conta a historia de Hadrián, un rapaz que se transforma no último dragón galego. A autora faino ao longo de 350 páxinas –un cento máis que a primeira parte–, nas que utiliza ingredientes dun xénero moi en boga nos últimos anos, pero dándolle perspectiva propia, buscando nas tradicións galegas e manexándoas como o fai un alquimista. Iso si, agora de forma máis documentada, aproveitando referencias históricas como materia de ficción, e con personaxes máis "traballados".
Como soe acontecer, eses personaxes van guiando a historia por donde lles peta, o que a enriquece. Ao igual que o fai a resposta dos lectores en cada entrega, ainda que non foi este o caso. "Ao finalizar a primeira novela comecei a segunda, que leva case un ano rematada. Impoñíanme moito respeto as reaccións do público, pero non quería que me condicionara a continuidade da historia", sinala a autora, que acaba de poñer nas librerías "Dragal II" (publicado por Xerais, e que en maio fará a presentación en Fecimo) e xa ten bastante avanzado o terceiro, co que rematará, alá por marzo ou abril de 2012, esta triloxía concebida como unha obra única que optou por estructurar en dosis de máis fácil consumo.
"Estou moi contenta coa resposta que está tendo Dragal. Tanto polas ventas como pola presenza nas bibliotecas dos centros de ensino, convidando a que se lea", celebra a autora.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
FaroEduca