O Premio Matilde Bares foi para un vigués afincado en Pontevedra, que traballa en Lugo e con certa vinculación co Morrazo. Álex Alonso ten 41 anos e recolle os froitos dun traballo literario nacido dunha afición que recoñece intermitente pola falla de tempo. Trala mención especial no Certame Manuel Murguía de Arteixo de hai anos, o Matilde Bares é o seu primeiro galardón, co relato "Xénero imperfecto".

– ¿Onde está o xerme de "Xénero imperfecto?

– Xa hai dous ou tres anos que pensara en presentarme ó Matilde Bares con este relato, pero deixeino un pouco de lado. Ata que este ano fixen unha relectura, estructureino un pouco mellor e presenteino.

– É o seu primeiro galardón. ¿Tiña moitas esperanzas en saír premiado ou era algo que non esperaba?

– Sempre tes esperanzas cando te presentas a un concurso literaria. Eu lía o relato e parecíame que estaba ben, supoño que como lle pasará a todo o mundo coas súas obras. Mentiría se dixese que me colleu de sorpresa. Tiña a intuición de que podía ter éxito, de que había posibilidades.

– ¿Cal é a trama de "Xénero imperfecto"?

– Tratei de reflectir unha historia de violencia de xénero. pero sen cinguila a estereotipos. É unha parella con estudos universitarios e sen problemas económicos. O detonante son os celos do home por unha muller que o eclipsa socialmente. É un argumento bastante desagradable, con malos tratos.

– O xurado xustificou o premio, entre otros aspectos, na utilización de referentes cinematográficos e pictóricos...

– É certo. É un relato moi cinematográfico porque construín o argumento baseándome en determinadas películas como O Acorazado Potemkin, Doutor Zhivago ou Breve Encontro.

– ¿Foi algo buscado ou é que forman parte do seu acervo cultural persoal?

– Saíron referentes cinematográficos coma podían saír outros. Xorden según vas construíndo a historia.

–¿Ten algún significado especial para vostede que este certame sea de igualdade?

– Sí, porque a violencia de xénero é algo que me chama a atención e que me impacta cada vez máis. Cando descubrín o Premio Matilde Bares xa me puxen a escribir sobre iso porque é unha auténtica lacra. A impresión que me queda é que o home segue sendo un animal con instintos básicos, que non evolucionou. Non asumimos o noso novo papel na sociedade, o papel da muller, a igualdade. Creo que pesou tempo desde a posguerra e seguimos aínda con esta situación.

– Será o seu primeiro relato publicado.

– Sí, e por iso estou moi contento. É unha enorme satisfacción para min e algo que te anima a seguir escribindo cousas. O que ocorre é que para escribir fai falla tempo e eu non dispoño de demasiado.