25 de octubre de 2009
25.10.2009
Reconocimiento

Profeta na súa terra

O fotógrafo cangués José María Pérez Santoro recibe hoxe o Premio Daravelo

25.10.2009 | 03:27
José María Pérez Santoro, coa súa ferramenta de traballo.

Chegado o outono, e por décimo ano consecutivo, a Asociación de Veciños Daravelo, de Darbo, rinde homenaxe á figura humana e profesional dun personaxe cangués que destaque no labor social, asociativo ou artístico. Nesta ocasión o elexido é o fotógrafo José María Pérez Santoro, do que se destaca "toda unha vida dedicada á profesión e a unha arte que chega aos corazóns das xentes de ben". Hoxe ao mediodía recibirá o recoñecemento no seu estudio de traballo do Eirado do Señal das mans da alcaldesa de Cangas, Clara Millán, e de directivos do colectivo veciñal.

Santoro chegou ao mundo en Cangas o 20 de setembro de 1941, en plena época de graves dificultades nun país que intentaba recuperarse dunha traxedia fratricida. Case corenta anos antes xa mandaba en Cangas o seu bisavó, Serafín Barros, quen fora alcalde do concello entre 1898 e 1903. E cando o agora homenaxeado cumpría a maioría de idade, o seu pai, José María Pérez Barros, seguindo a tradición familiar, ostentaba o bastón de mando en Cangas.
Por aquel entón Santoro viña de rematar os estudos de Belas Artes na Academia de San Fernando, en Madrid, e de volta a Cangas no ano 65 instálase como fotógrafo e entra, anos despois, no Sindicato Provincial do Papel e Artes Gráficas. O labor sindical non esperta nel a idea de seguir politicamente os pasos do seu pai e do seu bisavó, e decide tirar polo camiño das cámaras fotográficas para ver o mundo dende outro prisma. Vai ser no ano 70 cando obtén o Carné de Fotógrafo Industrial con Galería, un recoñecemento que lle permitirá exercer plenamente o seu labor profesional e artístico.
Mais non se conforma con isto e quere participar noutras tarefas de carácter humanitario e social no concello de Cangas e fóra del. No ano 73 convértese en presidente dos radioafeccionados "Arca Bravos", no que aínda segue activo. Como anécdota desta época lembra que nunha ocasión foi quen de contactar cun radioafeccionado de Bueu exiliado en Latinoamérica que buscaba á familia no Morrazo, e propiciou que se atoparan nas ondas, o que lle produciu unha gran emoción.
Enrolado nas directivas de distintas asociacións, como a Federación Galega de Fotógrafos Profesionais, desenvolve importantes tarefas de organización e xestión que logran o recoñecemento unánime dos camaradas. Singular é tamén o feito de ter exercido como xuíz de paz substituto na década dos oitenta.

Vida sobre o papel

Como artista, acada importantes premios e expón en cidades de España e Portugal. A súa vida artística vai medrando, vaise enchendo de si mesmo. A capacidade de emocionar e transmitir sentimentos a través das imaxes fotográficas vai sendo coñecida e respectada. Porque Santoro non se conformou con vivir ben con vodas, bautizos e comuñóns. Quere descubrir maneiras de expresar o que sente a través das fotos, gozar da faceta artística que non debe ter límites. Buscador da arte no seu traballo, non renuncia a estar ó día nas técnicas vencelladas á "oitava arte". Busca a perfección no seu traballo, e inmortaliza a vida sobre o papel. Co premio de Daravelo recoñéceselle que tamén é profeta na súa terra.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine