O futuro do galego está nos máis novos, isto é algo do que ninguén dúbida. Pero moitas veces os pais se atopan con grande dificultades á hora de atopar ferramentas de ocio neste idioma. Precisamente favorecer a transmisión da lingua propia de Galicia dos pais aos nenos pequenos é o principal obxectivo da Festa dos Axóuxeres, que mañá, a partires das 12.00 horas, terá lugar nas instalacións do colexio Reibón de Moaña. Trátase dunha actividade posta en marcha pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que leva tres anos percorrendo as principais cidades de vilas galegas.

Mañá será a primeira ocasión que terán os pais e nenos moañeses de poder acudir a este espectáculo no seu municipio, e en principio todo augura que será un éxito. Pois das 75 prazas que o Servizo de Normalización do Concello puxo a disposición dos interesados xa non queda ningunha libre. É máis, incluso hai unha listaxe de espera por se algunha familia decide non acudir. O prazo leva aberto dende o pasado 7 de outubro.

O espectáculo está dirixido a bebés de entre 0 e 3 anos, e forma parte dos programas de dinamización ligüística. As experiencias anteriores confirman que os cativos disfrutan dunha hora de festa, onde unha compañía de animación, chamada Galitoon, é a encargada de levar adiante a sempre difícil tarefa de conseguir chamar a atención dos nenos, e o fan conxugando á perfección as palabras, as emocións, os xogos e a música. As personaxes de Eli e Totó, de seguro que arrincan máis dun sorriso e provocan máis dunha situación comprometida.

“Os máis pequenos pasan a hora falando, cantando e xogando en galego”, explican os organizadores.

Recursos para os país

Ademais, a Festa dos Axóuxeres tamén se dirixe aos pais que desexan transmitirlle aos seus fillos á lingua na que eles mesmos se criaron. “Lles ensinarán todo tipo de ferramentas en galego para que comecen a adquirir certos recursos cos que poder educar os aos seus fillos”, din dende o Servizo de Normalización Municipal. “Moitos pais aprenderán que tamén existen cancións e xogos en galego para que poidan poñer en práctica nas súas casas”, conclúen.

Despois dunha hora de diversión e de coñecer a novos amigos os nenos regresarán ás súas casas, iso sí, recibirán un axóuxere de agasallo como testemuña de que asistiron a tan selecta festa.